Concurso de Viñetas

Obxecto

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre a dobre discriminación e o empoderamento das mulleres migrantes (emigrantes, inmigrantes, refuxiadas e retornadas) polos seus códigos culturais, etnia, relixión, nacionalidade, etc.

 

1. Obxecto

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxecto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.

2. Participantes

Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo. Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade. Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.

3. Temática

Os traballos presentados versarán sobre:

  • Historia das mulleres en Galicia.
  • Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados: profesoras, políticas, científicas, activistas, escritoras, periodistas, poetas, exiliadas, armadoras, artistas, almirantas de navegación, investigadoras, deportistas, etc.
  • Empoderamento feminino na historia de Galicia.
  • O papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega; na Galicia rural da Posguerra, na ciencia e a investigación, na mobilización feminina e a loita pola liberación das mulleres galegas na Historia, na artesanía, nos medios de comunicación, no eido do mar, etc.

4. Formato

A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A4 e como máximo DIN A5.

A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío conductor.

Poderá empregarse a técnica libre.

A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.

A obra presentarase en formato físico de papel.

A obra non poderá ir asinada co nome.

O idioma empregado será o galego.

5. Premio

CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos)

Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.

Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics.

Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)

Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.

Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics.

Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

6. Prazo e forma de presentación dos traballos

O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases (B.O.P. do 7 de marzo de 2018) o 8 de marzo de 2018 e péchase aos 40 días naturais , o día 16 de abril de 2018.

Para máis información poden consultar as Bases da convocatoria na seguinte ligazón.

7. Persoas gañadoras

CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)

1º PREMIO:

Pseudónimo: LIESSEL, residente no Concello de A Coruña.

2º PREMIO:

Pseudónimo: CHISPI, residente no Concello de A Coruña.

3º PREMIO:

Pseudónimo: TEQUILA, residente no Concello de Melide.

CATEGORÍA B (de 15 a 18 anos)

1º PREMIO:

Pseudónimo: MAIRIM, residente no concello de A Coruña.

2º PREMIO:

Pseudónimo: ANYO, residente no concello de Ames.

3º PREMIO:

Pseudónimo: HARMONÍA

8. Difusión

Dende Servizos Sociais da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de marzo 2017 "Día das mulleres", o VIII Concurso de viñetas, baixo o título "IgualMente".


Bases:  http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.html


O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.


Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 12 de abril de 2017.


En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría:
CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).


Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

 

Persoas gañadoras

CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)

  • 1º PREMIO: Deserto
  • 2º PREMIO: Deserto
  • 3º PREMIO: Alba García Romero, do concello da Coruña, de 14 anos.

 

CATEGORÍA B ( De 15 a 18 anos)

  • 1º PREMIO: Xela García Caballo, residente no concello de Santiago de Compostela, de 18 anos.
  • 2º PREMIO: César Zapata Silva, residente no concello de Fene, de 15 anos.
  • 3º PREMIO: Noelia González Caamaño, residente no concello de A Coruña, de 18 anos.

 

 

 

 

 

 

Dende a área de servizos sociais e políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2016 "Día das mulleres", por sétimo ano consecutivo, a VII EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO "XÉNERO, MEDIOS E COMUNICACIÓN".

Bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/03/07/2016_0000001608.html

O obxecto do certame é empregar a viñeta para reflexionar sobre o tratamento do xénero na comunicación (escrita, oral, non verbal) así como nos diferentes medios (prensa, televisión, radio, redes sociais, publicidade, cine, literatura, música, etc.) e tomar conciencia sobre a necesidade de cambios de valores e modelos co fin de conseguir a igualdade de xénero real.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de traballos ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 29 de abril de 2016. En canto aos premios, seleccionarasetres traballos finalistas en cada categoría: CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) e CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

Por outra banda, e paralelamente, levaranse a cabo obradoiros de banda desexada dirixidos a poboación en xeral, os venres do mes de marzo de 17.30 a 20h, na Biblioteca Provincial, sita na Rúa Riego de Agua, na Coruña, no que se traballará a mesma materia do concurso a través de diferentes técnicas.

 

Difusión

 

Persoas gañadoras

CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)

1º PREMIO: Número de obra: 1 - Pseudónimo: Maxwell Oxford

O xurado destacou deste traballo o concepto claro de cómic así como o manexo dos primeiros planos, interpretación dos bocadillos, a cor, e os diálogos. O traballo fai unha referencia directa aos medios de comunicación a través do cómic/cine incorporando a perspectiva de xénero no contido. Fai referencia ao papel da muller nas viñetas e no mundo das heroínas.

2º PREMIO: Número da obra: 8 - Pseudónimo: Kaluky

O xurado destacou a composición en diagonal empregando a figura central como eixo da composición. Resolve a parte textual cunha interrogante retórica sobre o papel da muller no mundo das novas tecnoloxías e das redes asumindo postos de traballo de alta dirección.

3º PREMIO: Número da obra: 5 - Pseudónimo: Picachu

O xurado destacou que o traballo presentado é plasticamente atractivo cunha lectura visual fácil e ben codificada. Traballa sobre como se incorporaría a igualdade de xénero a través das aplicacións móbil representando iconos de entrada igualitarios e en sintonía coa diversidade, tendo en conta novos rexistros, rachando estereotipos de xénero.

CATEGORÍA B (15 a 18 anos)

Unha vez valoradas os 11 traballos, o xurado decide declarar deserta a Categoría B do concurso por considerar que as viñetas non recollen o tema obxecto do concurso, non reflexionan sobre o tratamento do xénero nos medios de comunicación, nin reúnen calidade plástica suficiente para concorrer na súa convocatoria.

 

Traballos gañadores