Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero"

Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero"

1.jpg

Bota a andar un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero, impulsada dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Durante o mes de novembro, póñese en marcha un programa de actividades que apela directamente á implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, etc.

As actividades que compoñen esta programación teñen como obxectivo procurar a concienciación e sensibilización en materia de violencia de xénero dixital e buscan acadar o maior alcance posible na cidadanía, empregando novas metodoloxías a través do aprendizaxe visual, a cultura e o lecer.

O programa a desenvolver durante o mes de novembro de 2022 componse das seguintes accións:


1. Actualización do espazo web DE FRONTE á violencia de xénero con información sobre a violencia de xénero dixital, tipoloxía,recursos contra a violencia de xénero, propostas de literatura infantil, xuvenil e adultos, cine, etc

2. Ciberacción para público xuvenil: Afrontamento das violencias na rede. Ciberquedada con centros de secundaria da provincia que será retransmitida en streaming o 23 de novembro dende o IES Rosalía Mera e na que está previsto que participe o alumnado de máis de 20 institutos.

3. Ciberacción para público infantil: Canto sabes sobre as violencias dixitais?. Na semana do 21 de novembro quedará pendurado na web a campaña o xogo interactivo Canto sabes sobre as violencias dixitais? así como unha guía didáctica para alumnado dos cursos de 4º, 5º e 6º.

4. Acciós presenciais en centros para persoas con diversidade funcional. Durante estas actividades espalladas por distintos concellos da provincia farase un uso adaptado do xogo interactivo Canto sabes sobre as violencias dixitais? de tal xeito que sexa accesible ás persoas usuarias dos centro e participen activamente interactuando coa tecnoloxía.

As accións a desenvolver diríxense, preferentemente, a centros educativos a través da colaboración dos concellos para involucrar á comunidade educativa (profesorado, alumnado e familia) na responsabilidade de acadar un entorno dixital seguro e igualitario.


Na actualidade a campaña conta coa adhesión de 91 concellos e 64 entidades de diversa índole (empresariais, educativas, deportivas, etc) así como coa participación de 25 centros de ensinanza secundaria que serán parte activa da CIBERQUEDADA.


Por outra banda, tamén están programados 5 espectáculos de danza a cargo do Conservatorio de danza nas seguintes datas e lugares:


• 25 de Novembro, ás 9.30h no IES Puga Ramón da Coruña
• 30 de Novembro, ás 19.30h no Concello de OLEIROS
• 01 de Decembro, ás 19.30h no Concello de AS PONTES
• 02 de Decembro, ás 19.30h no Concello de RIANXO
• 03 de Decembro, ás 19.30h no Concello de OROSO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

programa A4 de fronte 2022 [prod].jpg

CIBERQUEDADA

O mércores 23N ás 10.30 h na canle de You Tube da Deputación da Coruña pendurouse na seguinte ligazón https://youtu.be/LdmW7uQhXeU a ciberquedada que tivo lugar no IES Rosalía Mera da Deputación.

Durante esta acción proxectaronse 3 micro vídeos onde se reflicte unha situación de violencia machista nas redes sociais para, posteriormente e da man de Priscila Retamozo (coautora do libro La revolución
feminista en las aulas) iniciouse un interesante debate coa rapazada participante.

Priscila alentou ao alumnado a participar, facendo unha chamada ao diálogo de tal xeito que se animaron a achegar as súas reflexións e consultas nun chat público que ela moderou de xeito divulgativo e ameno.


1x4_Lona_01.jpg

De fronte