Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Circuíto de cultura en igualdade

Circuíto de cultura en igualdade

Ponse en marcha a II edición do  Circuíto de Igualdade da Deputación da Coruña, que chegará durante os próximos meses a 21 concellos coruñeses e aos dous centros infantís de titularidade provincial.

O programa inclúe nove propostas de teatro, música e contacontos nos que se traballa a diversidade sexual, a sensibilización en materia de igualdade de xénero e a prevención da violencia machista

O programa inclúe as seguintes representacións:

  • Feminíssimas, de De Ste Xeito Producciones
  • As Mapoulas, de Laboratorio Escénico Coop.
  • Emilia Docet, de Compañía Eléctrica
  • As Alumnas, de Culturactiva Producións
  • Amantis, de Rebordelos
  • Os Nenos da Variola, de Pérez e Fernández
  • Asdomare, de Rilo e Penadique
  • 4.0, de Sue Moreno
  • Ris Ras, de Baobab Teatro

Os espectáculos están destinados a todos os grupos de idade e traballan temáticas e tramas que van desde a lembranza das casas refuxio e as mulleres libertarias ("As Mapoulas", de Laboratorio Escénico) até a viaxe de Isabel Zendal ("O nenos da varíola", de Pérez&Fernández), pasando polo tratamento da violencia dixital ("Miss Docet", de Compañía Eléctrica), o reencontro de tres amigas ("Feminíssimas", de De Ste Xeito Producciones), a vida da pedagoga María Barbeito ("As alumnas", de Culturactiva Producións), os problemas de conciliación ("4.0", de Sue Moreno), as mulleres do mar como protagonistas ("Asdomare", de Rilo & Penadique), a música de tradición oral feita por mulleres ("Ris Ras", de Baobab Teatro) e a influencia das redes sociais, o "selfie" e o "sexting" na creación da propia identidade ("Amantis", de Rebordelos).

LOGOTIPO DO CIRCUÍTO PARA DIFUNDIR A ACTIVIDADE

Logos .pdf

PROGRAMACIÓN DECEMBRO

Decembro.jpg

PROGRAMACIÓN NOVEMBRO

Novembro.jpg

PROGRAMA XERAL DO CIRCUÍTO

Cartal xeral definitivo circuito.jpg