Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Conmemoración 8 de marzo

Conmemoración 8 de marzo

O 8 de marzo foi proclamado o Día Internacional polos Dereitos das Mulleres pola Organización das Nacións Unidas no ano 1975. Desde ese momento é unha data de poñer en valor os avances que se conseguiron nos últimos cen anos mais tamén de reivindicación polo que queda por conseguir.

Desde a Deputación Provincial de A Coruña manifestamos o noso firme compromiso coa protección dos dereitos das mulleres e das nenas, a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coas políticas públicas que resolvan as desigualdades materiais, simbólicas e de valor as que se enfrontan as mulleres.

Nesta liña, a Deputación da Coruña poñerá en marcha no mes de marzo unha campaña denominada É POR SER MULLER, queremos poñer o foco, reflexionar, debater, sobre que son as mulleres as que maioritariamente se están a facer cargo do 'traballo reprodutivo' nun sentido amplo, neses traballos que sosteñen a vida diaria da sociedade: o traballo doméstico, mais tamén os servizos públicos de saúde, de educación, da dependencia, do socio-comunitario, da igualdade ou do acceso á vivenda. Traballos precarizados ou non remunerados e que constitúen unha das grandes fendas de desigualdade por causa de xénero.

As actividades que se van celebrar no marco desta campaña, en nas que agardamos poder contar coa vosa presenza, son,

1.- Acto institucional o mércores, 8 de marzo ás 11:00 h. na entrada do edificio provincial onde participarán membros da corporación provincial e en que actuará o grupo As Fillas de Cassandra, que acaban de publicar o seu primeiro traballo discográfico en que recuperan as heroínas dos textos clásicos gregos para achegar unha visión feminista e contemporánea.

2.- Xornada que se celebra o 10 de marzo en horario de 16:00 a 19:30, no local de Alexandre Bóveda( rúa Santo André -Circo de Artesáns) sobre dereitos laborais e sectores feminizados ( achegamos cartaz) en que participarán en dúas mesas redondas, Laura Bugalho, especialista en intervención socioeducativa, sindicalista e activista trans feminista; Antía Pérez Caramés, profesora doutora en socioloxía na UDC, mesa estará moderada por Ana Lorenzo, socióloga e vinculada á economía social e alternativa desde a década dos 90,Marisol Gómez do SAF de Vilagarcía e Ángeles Mille, secretaria da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital de Malpica representando a ANMUPESCA e que estará modera por Mariola Mourelo. Esta actividade finalizará cunha actividade cultural denominada " O benquererse" que aborda o tema dos coidados e precariedade a través das vivencias de María Lado e Lucía Aldao.

3.- "Feminismos, traballo e vida.Dereito ao coidado, coidados con dereitos". Estes obradoiros teñen lugar en Arzúa, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carballo, Oroso e Zas.

O gran obxectivo é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas; así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

A formación desenvolverase a través de dinámicas participativas e vivenciais, onde poñer énfase no valor do traballo dos coidados e na súa infravaloración histórica. Igualmente difundirase as novidades lexislativas e o labor daquelas organizacións que agrupan traballadoras do sector e traballan pola igualdade e os dereitos laborais.

As próximas datas son:

  • Cambre: martes 28 de marzo de 16:30 a 18:30 no Centro Municipal de Servizos Sociais.
  • Arzúa: luns 17 de abril de 16:30 a 18:30 na Capela da Madalena.
  • Oroso: martes 18 de abril de 18 a 20h no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa.
  • Zas: Martes 25 de abril no Centro Socio Cultural de Zas en horario de mañá.

#ÉporserMuller.

4.- Convocatoria do XIV concurso de viñetas " Pan e Rosas" en que o obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular. Baixo o lema "Pan e rosas" convídase a reflexionar, e visibilizar a necesidade de conmemorar o "Día Internacional da muller", lembrando a transformación histórica tras a Revolución Industrial da economía e o traballo coa desprotección e a explotación que viviron as mulleres e a necesidade da reivindicación da igualdade salarial, as melloras das condicións laborais, a necesidade de empoderamento das mulleres e posta en valor da contribución das mulleres ao mercado laboral e o desenvolvemento socioeconómico. A convocatoria sairá publicada nos vindeiros días.

00_cartaz_Actividade_Cemtral_11M depu_Insta1.jpeg00_cartaz_Actividade_Cemtral_11M depu_stories.jpeg

 

00_cartaz_Actividade_Cemtral_11M depu_Insta2.jpeg

 

 

8M_VOZ_250x345.jpgNesta anualidade e pola conmemoración do 8M queremos poñemos en marcha a campaña 'Mobilizadxs xti', coa que a Deputación apela á loita contra a desigualdade da muller na sociedade actual.

A campaña durará todo o mes de marzo e ten por obxectivo principal difundir a realidade da muller actual, baseándose nas cifras desfavorables en cuestións como a fenda salarial, na precarización laboral ou no ámbito da conciliación e dos coidados.

A campaña inclúe un acto central na mañá do propio 8 de marzo, con intervencións institucionais e unha actuación cultural, a realización de 10 vídeos que se difundirán a través das redes sociais e da canle de youtube da Deputación para, "poñerlle cara e voz aos datos, con mulleres e homes que nos conten a súa realidade e o seu relato" e un concurso nas redes sociais que difunda e profundice na realidade.

Algúns dos datos cos que se traballaron a campaña " Mobilizadxs xti'e que promoven a reflexión son:

1. Porque o 20,5% das mulleres están en situación de pobreza ou exclusión social.

2. Porque o 66% das persoas que teñen unha pensión non contributiva e o 60% das que reciben unha RISGA son mulleres.

3. Porque o 87% das persoas inactivas por coidado de menores ou persoas dependentes en Galiza son mulleres.

4. Porque o 77% das mulleres activas teñen redución de xornada e o 91,6% se acolleron a unha excedencia por coidado.

5. Porque a maior taxa de feminización, maior fenda de xénero.

6. Porque apenas o 33% da mulleres superan os ingresos medios das propias mulleres.

7. Porque o 76,7% dos traballos a xornada parcial desempéñanos mulleres.

8. Porque o 43% dos contratos subscritos por mulleres durante 2021 tiveron unha duración inferior ao mes.

9. Porque o taxa de temporalidade das mulleres no sector público é do 33,5%, cando representan un 60% do total de funcionariado.

10. Porque o 78,1% das mulleres activas dedícanse a "actividades sanitarias e servizos sociais", e o 69,8% ao sector da "educación".

11. Porque no sector industrial as mulleres tan só representamos o 28,2%, salvo na industria téxtil onde representa o 73,3%.

12. Porque o 73,4% do emprego que se perdeu en Galiza foi entre as mulleres.

Descargas

 

mobilizadxsXti

OitoM, Día das Mulleres.Cartel DIXITAL OK.jpg

Moito por cambiar, por mover, por concienciar, por educar, por entender, por compartir, por crear, por gozar, por vivir_

Este 8M, Día das Mulleres, a Área de Igualdade da Deputación da Coruña promove unha serie de espazos en liña que nos convidan a atoparnos. Atoparnos para deternos e falar das dificultades que temos experimentado nestes tempos tan complexos e incertos marcados pola presenza da COVID-19; atoparnos para imaxinar colectivamente as respostas aos retos que atoparemos nos próximos meses e anos.

A pandemia, tanto o propio virus como as diferentes medidas tomadas polas administracións para a súa contención, está a afectar as nosas vidas de tal xeito que aínda non temos información suficiente para imaxinar as súas consecuencias a medio e longo prazo. Mais, no medio do baile de cifras e o ruído dos medios de comunicación, temos moita necesidade de integrar e compartir experiencias, analizando e poñendo consciencia sobre como esta realidade impacta de maneira diferencial nas vidas das mulleres.

Así, ao longo dun foro e tres conversas facilitadas en liña, reflexionaremos sobre os retos relacionados coa posición das mulleres na mercado laboral, co seu rol de principais responsables dos coidados e da sustentabilidade das vidas e sobre as interseccións da COVID-19 coas violencias machistas e os seus efectos específicos nos corpos e na saúde das mulleres. Tras a súa celebración en liña, estas conversas pasarán a formar parte dos recursos dispoñibles en aberto para a cidadanía dende a canle de Youtube da Deputación da Coruña.

Dirixida a profesionais do ámbito da igualdade nun sentido amplo (administración pública a todos os niveis; saúde; coidados; educación; terceiro sector; etc.) esta programación ten ademais por obxectivo fomentar o traballo en rede no ámbito local e provincial, esbozando colaborativamente as liñas estratéxicas do futuro dunhas políticas post-COVID que deberán integrar necesariamente a perspectiva de xénero. A participación nos diferentes espazos é aberta e gratuíta, mais precisa de inscrición previa a través do seguinte formulario i.gal/oitoM

Todo este proceso, xunto coas súas principais conclusións, será documentado xerando unha pequena publicación dixital que funcionará como inspiración, devolución e documento base para o traballo posterior. Por último, e no contexto deste mes de marzo tamén queremos apoiar á mocidade no seu papel como axente de cambio, facilitándolle a mozas e mozos ferramentas e referentes para xerar discursos alternativos dende os que fomentar a igualdade e actuar ante o machismo e a LGBTIfobia. Farémolo a través do deseño e difusión dun material didáctico que incorporará entrevistas en vídeo a mulleres referentes no cruce das TICs cos feminismos, animando á mocidade a xerar contido orixinal co que amplificar a conversa nas súas redes.

 

Tecnofeministas: Cinco voces para construír igualdade dende as redes

 

Vídeos #oitoM #Moitoporcambiar

 

Descargas

 

Adaptación ás redes:

8M_300x250.gif8M_300x600.gif8M_300x300.gif

 

Banners

FACEBOOK CABECERA.jpgTWITTER CABECERA.jpgimg-cabecera-escritorio.jpgimg-cabecera-tabletymovil.jpg

 

Material para sensibilización

 

Pagina CORREO G.jpgÉ por ser muller

Campaña de sensibilización en medios sobre a necesidade de erradicar prexuízos sexistas e camiñar coeducando cara unha igualdade real.
Animámosvos a empregar o cancelo en redes sociais #EPORSERMULLER e a que partilledes outros prexuizos sexistas como forma de denunciar estas discriminacións e desigualdades

 

XI Concurso de viñetas.Novas masculinidades 2020

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre novas masculinidades así como as claves para avanzar ata unha masculinidade alternativa máis igualitaria.

 

Representación teatral

Invisibles. 7 marzo, 20.00h no Teatro Colón. Entrada de balde até completar aforo
Da directora Marián Bañobre, realizada pola compañía Redrum Teatro e premiada no Certame Luisa Villalta 2019 da Deputación da Coruña. Obra baseada no libro de Montse Fajardo que leva o mesmo título. Invisibles é un espectáculo que presenta diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. Son historia reais contadas por mulleres, historias sobre malos tratos. Sensibilizar e transformar a través do teatro para que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que nos envolve.

 

O rural de todas as mulleres

Creación dun documental colaborativo ou participado sobre a historia de vida das mulleres no rural que se executará nos concellos de Toques, Aranga, Teo, Muxía e Ortigueira entre os meses de marzo e xuño de 2020.

 

cartel semente.jpg8marzo2019.png

Con motivo da celebración do 8 de marzo de 2017 "Día das mulleres", se conmemora a loita constante das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade cos homes, na sociedade e no seu propio desenvolvemento como persoas.

Imaxinas un mundo sen mulleres?

 

Un ano máis lémbrase, entre outros sucesos reivindicativos de mellora das condicións laborais relacionadas principalmente coa mellora dos salarios, condicións de traballo e conciliación laboral e familiar, as máis de 140 mulleres obreiras textís que traballaban baixo unhas pésimas condicións, na fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York,que no ano 1911 morreron por mor dun incendio.
Este desastre obrigou a implantar cambios lexislativos en normas de seguridade e saúde industrial así como a creación do Sindicato Internacional de mulleres traballadoras textís que loitaría incansablemente por mellorar as condicións laborais.
Das cinzas deste tráxico evento xurdiu a procura de xustiza social para mulleres e homes e 106 anos despois esta chama segue ardendo en todo o mundo.

Dende a Deputación da Coruña apoianse diferentes actuacións preventivas e/ou de intervención social para facer real e efectiva a igualdade entre mulleres e homes na provincia, no marco da lexislación vixente nesta materia, e gustaríanos informarvos das accións específicas que se poñen en marcha no marco desta conmemoración:

Maxia pola IgualdadeBiblioteca Provincial (actividade aberta ao público)
Día: 7 de marzo de 2017
Horario: de 17:00 a 18:00 h
Lugar: Sala Manuel López da Biblioteca
Centro de día de menores de Ferrol
Día: 17 de marzo de 2017
I.E.S. Rafael Puga Ramón
Día: 23 de marzo de 2017