Actividades 8 de marzo

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día das mulleres" desde o Servizo de Acción Social, Cultural e Depotes, sección de Servizos Sociais queremos informarvos das actividades postas en marcha:

- Campaña de sensibilización nos medios de comunicación baixo o título "Moito por construír" e acendido da fachada do Pazo Provincial.

- Proxección da curta "A nena azul" de Sandra Sanchez. Proxecto premiado polo concurso "Luisa Villalta" 2018. Actuación musical a cargo de Raiceira e Andrea Pousa.  Xoves 7 de marzo as 20h. Teatro Colón.

Performance contra o Patriarcado. "Semente" Idea orixinal de Neves Seara para casa Morada e a Deputación da Coruña

                8 marzo as 12.30. Diante do Teatro Rosalia. A Coruña

                17 de marzo as 13.30. Praza da Quintana. Santiago

                30 de marzo as 12.30. Praza Amboaxe. Ferrol

Mais información

Obradoiros sobre "Feminicidio". Realizaranse 13 obradoiros en colaboración cos Centros de Información as mulleres (CIM´s), da man de Carme Adán autora do libro.O obxectivo é definir e debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da violencia doméstica ou intrafamiliar a través da lectura do libro “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”. 

Mais información

Esperámosvos