Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Conmemoración do 25N (2019)

Conmemoración do 25N (2019)

25 NOVEMBRO "DÍA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS" IGUALDADE DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25N, desde o Servizo de Acción Social e Deportes, Sección de Servizos Sociais ponse en marcha as seguintes actividades:

 

ADHESIÓN A CAMPAÑA EN NEGRO

Desde a deputación remitirase aos Concellos de menos de 5.000 habitantes lotes de materiais ( pulseiras e delantais) da Campaña para apoiar aos Concellos na participación e difusión da Campaña en Negro Contra as Violencias Machistas. Apoiaremos a 19 concellos dos 53 adheridos na nosa Provincia.

 

Concellos de menos de 5.000 hab: A Baña, Aranga, Cabanas, Cariño, Carnota, Cerdido, Coirós, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Mañón, Mazaricos, Moeche, Monfero, Paderne, San Sadurniño, Val do Dubra.

 

https://ennegrocontraasviolencias.gal/mapa

 

CIRCUÍTO DE OBRADOIROS INFANTIS DE  ORIGAMI

Realizáranse 12 Obradoiros de Sensibilización da Violencia de Xénero dirixido a un público infantil, dez en centros educativos da provincia en concellos de menor poboación e dous nos centros pertencentes a Deputación o Emilio Romay e o Fogar Infantil de Ferrol.

 

"Andoriña: origami para o 25 N" é un obradoiro de origami da artesá e educadora social  Palmira Castro (www.mimadriña.com)  sobre a simboloxía da tatuaxe das andoriñas na cultura urbana, vinculado as mulleres que sufriron violencia de xénero e polo tanto ao 25N. Día Internacional contra a violencia de xénero. É polo tanto un obradoiro no que nenas e nenos de primaria coñecerán o sentido reivindicativo deste día internacional e ademais aprenderán a facer unha andoriña negra de origami como símbolo das mulleres que voamos en bandada, libres e fortes.

DSC01479-01 (1).jpeg

 Ver cartel

 

CIRCUÍTO DE OBRADOIROS “MACHISMOS SEN MIOPIAS”

Machismos Sen Miopías é un programa de sensibilización impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración con dez Concellos da provincia, que traballa na prevención, identificación e sensibilización das diferentes formas de violencia machista.

NEGCABECEIRA FACEBOOK1x.jpg

 

A accións que serán desenvoltas queren formar e informar ao conxunto da cidadanía sobre como estes hábitos sociais normalizados supoñen unha forma de violencia contra as mulleres, e, mesmo, contra o conxunto da sociedade. A toma de consciencia é o primeiro paso para camiñarmos de cara a erradicación das violencias machistas e da violencia de xénero.

 

Pornografía: educando en violencias machistas

Aborda a influencia exercida por diferentes factores no consumo de pornografía nos nosos tempos, que se converte na principal fonte de educación sexual na infancia e adolescencia. Achega unha mirada crítica ao modelo relacional que transmite, revisando diferentes enfoques sobre o tema.

Concello de Betanzos - 19 e 26 de novembro

Concello de Ordes - 20 e 27 de novembro

 

Visibilizando ás devanceiras

É preciso coñecer e recoñecer ás mulleres devanceiras para avanzar cara a transformación social xa que só no pasado dormen outros presentes posibles. O obradoiro dá a coñecer o marco teórico para ser quen de achegarse á historia social e persoal desde outro lugar, reflexionando sobre sobre que é a historia e quen a conta.

Concello de Noia - 26 de novembro e 3 de decembro

Concello de Boiro - 27 de novembro e 4 de decembro

 

 

As violencias machistas: unha lingua excluínte

As palabras, as voces e as linguas non son neutras. Neste obradoiro analízase quen fala, onde fala, como fala e que fala. A través das respostas a estas catro preguntas irase desvelando formas de violencias moi ocultas na psique colectiva.

Concello de As Pontes - 26 de novembro e 4 de decembro

Concello de Rianxo - 10 e 12 de decembro

 

A saúde: unha cuestión de xénero

Achégase a unha forma de violencia institucional que afecta á saúde das mulleres. A atención nas consultas médicas, a violencia obstétrica, a patoloxización e medicalización dos corpos das mulleres, etc., son algúns dos temas que se abordarán.

Concello de Sada - 27 de novembro e 4 de decembro

Concello de Fene - 9 e 11 de decembro

 

Consumindo violencias machistas

O consumo non é un acto inocuo, envolve múltiples formas de violencia contra as mulleres. É preciso tomar consciencia desta realidade para promover cambios cara a igualdade desde o noso papel de consumidoras/es.

Concello de Teo - 3 e 10 de decembro

Concello de Padrón -  11 e 13 de decembro

 

Como resultado destes obradoiros xurdirá en cada concello a Mostra das Violencias Invisibles, unha acción artístico-comunitaria temporal, composta de obxectos que funcionen como símbolos desas violencias invisibles abordadas durante os Obradoiros.

 

Unha selección significativa destes obxectos serán fotografados, confeccionando un Catálogo. Trátase dunha publicación en formato dixital que achegará unha visión profunda e complexa das diferentes formas de violencias machistas e do resultado artístico do programa, facilitando así a súa divulgación e amplificando unha ollada ás violencias machistas sen miopías.

 

ESTREA CURTA. NUNCA MAIS

O obxecto do V CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2018 foi elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta lacra social.

 

Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.

 

O guión gañador Nunca Mais  foi presentado por un grupo de alumnado do IES Moncho Valcarce que no mes de agosto baixo a supervisión do profesor, Omar Rabuñal Varela, dirixiron e gravaron integramente a imaxe e son da peza, despois dunha planificación previa durante as clases teóricas. A protagonista foi Aline dos Santos, unha das guionistas e tamén directora da curta.

Contamos coa colaboración do CIM das Pontes, que cederon unha das localizacións e unha das pedagogas, Montserrat González, interpretou un pequeno papel. O resto do reparto completouse con alumnado do IES Neira Vilas de Oleiros.  

 

O próximo 25 de novembro estrearase na Casa do Peso en As Pontes de García Rodríguez  as 19.30h

 NUNCA MAIS CARTEL estrea.jpg