Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Feira "Laborando" - Proxectos de vida feminista

Feira "Laborando" - Proxectos de vida feminista

A deputada da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña, propón organizar unha serie de actividades paralelas na "Feira de proxectos de vida feminista- Laborando"

Esta Feira celébrase o 26 de novembro, co gallo da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero no mercado de San Agostiño de A Coruña, e ideada polo colectivo "Experiencias feministas na Pardo Bazán".

A Deputación da Coruña, como institución que traballa no eido da igualdade desde moitas perspectivas, está interesada en ter as súas propias actividades na procura da igualdade e da erradicación da violencia machista

A Deputación da Coruña colabora organizando as seguintes actividades:

10 obradoiros en igualdade e contra a violencia machista que se celebrarán ao longo da xornada para adultos, 2 deles destinados especificamente a nenos e nenas en idade infantil.

Actuacións musicais en Electroqueer e Femenino Plural

Aluguer de técnico de son e de equipo para as animacións e as actuacións musicais e obradoiros.

Composición dun mural interativo de Dores Polo titulado "Eu son".

Animación da xornada de micro aberto

Pode consultar o programa da feira na seguinte ligazón:

Programa