Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Radio en Igualdade

Radio en Igualdade

A área de Igualdade pon en marcha un laboratorio de radio, un proxecto que creará 4 grupos de traballo, en que haberá persoas especialistas na materia, e no que participarán dunha primeira parte de formación radiofónica, 36 horas, e posteriormente do gravado de contidos, 15 horas, en formato podscast.

As temáticas versarán sobre: fenda de xénero nos ciclos formativos, a muller no mundo rural, as enfermidades de transmisión sexual, movementos feministas, ecofeminismo e refuxiadas do clima, a sexualidade nas persoas maiores e /ou tiktokers, influencer e creadoras de contidos dixitais.

Actualmente estase traballando na elección das persoas participantesespecialistas na materia así como entidades asociativas principalmente. 

Esta actividade enmarcarse no Plan de acción das políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña 2019-2023 de xeito interseccional e transversal, traballando moitas das áreas estratéxicas, especialmente a 3, 4 e 5, adicadas ao cambio de valores para o fomento dunha sociedade igualitaria, a igualdade no mercado laboral traballando sobre a segregación ocupacional, e a promoción do poder colectivo das mulleres, especialmente incidindo nas mulleres no mundo rural.

Considérase que é unha oportunidade de traballo colaborado de reflexión, debate e toma de decisións, creador de contidos e con capacidade de impacto social, xa que a edición dos podcast permite espallar a intelixencia colectiva xerada no proceso.

Xenérico.jpg