Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Liberdade de ser e sentir

Liberdade de ser e sentir

Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña continua por sexto ano consecutivo coa campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir

Un ano máis, por sexto ano consecutivo, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día da diversidade sexual", desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase a Campaña de sensibilización "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.

Como novidade nesta anualidade a campaña é aberta a tódolos concellos e entidades, polo que poderase descargar e empregar calquera material audiovisual ou recurso para levar a cabo actividades e promover a súa difusión.

Onde están as persoas disidentes no rural? Que teñen as foliadas que fan que persoas LGBTIQA+ se sintan libres? Se normalmente as pandereteiras eran mulleres e moitas da coplas galegas son de amor a mulleres, ningunha era lesbiana?

Rural e tradición, un fogar en igualdade é un proxecto que busca visibilizar as persoas LGBTIQA+ na música tradicional e rural galegos. O proxecto busca relernos, histórica e socialmente dende unha nova perspectiva e derrubar o constructo cisheteropatriarcal dende a que foron configuradas a nosa cultura e pobo. 

Este proxecto conformase entorno a varios eixos. Por un lado unha xornada "Correr e cantar" sobre o colectivo LGTBQA+ na música tradicional e o rural galego e por outro, un libro que recolle todo ese traballo de investigación realizado por Sergio Marei e Atenea Garcia así como diferentes experiencias de persoas de toda a Galiza con vínculos co rural e a tradición musical. Este libro ademais funcionará como un cancioneiro popular LGBTIQA+ posto que todas esas persoas escribiron coplas con esta temática para que se canten en foliadas, nas asociacións... polo país adiante. E o último dos eixos será unha exposición itinerante que irá viaxando polos concellos da provincia. Nela estará plasmada todo o proxecto, para facelo chegar a cada recuncho coruñés, invitando a reflexionar sobre as representa.

Pedímosvos que co fin de crear comunidade, promover a difusión e concienciación da diversidade sexual, empreguedes o cancelo #seresentir e #correrecantar nas redes sociais en calquera actividade que promovades no marco da campaña.

Na web SER E SENTIR iremos actualizando información para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!

www.seresentir.gal

#seresentir #correrecantar #DeputacióndaCoruña

Programación da Campaña

 

Rural e tradición, un fogar en igualdade busca dar voz a esta xente para que sexa a partir de todes elus que revisemos a nosa tradición, remiremos ás nosas aldeas.

Este proxecto conformase entorno a varios eixos. Por un lado unha xornada "Correr e cantar" sobre o colectivo LGTBQA+ na música tradicional e o rural galego e por outro, un libro que recolle todo ese traballo de investigación realizado por Sergio Marei e Atenea Garcia así como diferentes experiencias de persoas de toda a Galiza con vínculos co rural e a tradición musical. Este libro ademais funcionará como un cancioneiro popular LGBTIQA+ posto que todas esas persoas escribiron coplas con esta temática para que se canten en foliadas, nas asociacións... polo país adiante. E o último dos eixos será unha exposición itinerante dispoñible despois do verán que irá viaxando polos concellos da provincia. Vos diremos como poder solicitala.

Cancioneiro popular:  RURAL E TRADICIÓN, UN FOGAR EN IGUALDADE. Reflexións, realidades e coplas. 

Xornada, 17 de xuño. Praza Azcárraga. A Coruña

'Correr é cantar', unha xornada sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galegos

Trátase do acto central do Orgullo da Deputación da Coruña, un evento que forma parte do proxecto "Rural e tradición, un fogar en igualdade" que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galego.

O vindeiro 17 de xuño terá lugar a xornada Correr e Cantar encadrada dentro do proxecto Rural e tradición, un fogar en igualdade do comisario Sergio Marey co cal busca amosar a realidade do colectivo LGBTIQA+ nas nosas aldeas e na nosa cultura.

A xornada comprenderá diferentes actividades. Charlas, mesas redondas, concertos, unha contada... Abriráse cunha presentación e a charla Bergantiños con ollada diversa para falar dos resultados dunha recollida feita polo comisario xunto a Atenea García. Ambos traballaron na zona de Bergatiños para coñecer a realidade do colectivo nesta zona da provincia coruñesa. Alí escoitaron, falaron, recorreron vilas e aldeas, investigaron... para tratar de recoller toda a información posibel de persoas disidentes de antes e de agora. Neste inicio da xornada amosarannos as reflexións ás que chegaron e contarannos todo o que atoparon.

O día continuará cunha mesa redonda, Creación contemporánea dende a tradición, moderada por Mercedes Peón e que contará con artista como Berto, Meiga-i, Eva Outeiro de Toma a Terra, Gabi Reboredo, O Rabelo e Olalla Liñares de Oîma. A tarde comezará do mesmo xeito, cunha mesa redonda, A muiñeira, unha bandeira LGBTIQA+, moderada por Diego Salgueiro (integrante do Orgullo Crítico de Nigrán, bailador e tocador) que contará con diferentes persoas do colectivo vinculadas á música tradicional e o rural que nos falaran da súa experiencia e realidade como persoas LGBTIQA+ nestes ámbitos. A continuación contaremos cunha contada para adultos de Atenea García, titulada Vicio houbo sempre, á que seguirá Noemi Basanta, integrante das Adufeiras de Salitre e Doutora en Filoloxía Galega, falándonos das ideoloxías e posicionamentos de xénero no baile e a música tradicionais galegas. O broche final desta xornada será a actuación das Tocadoras da A.C. Raigañas de Cerqueda, que cantarán coplas de temática LGBTIQA+ dun libro que sairá máis adiante deste proxecto, e serán as encargadas de abrir a foliada que concluirá o día e celebrará a nosa liberdade.

www.seresentir.gal

PROGRAMA

programa.jpg

 

CARTEL cartel.jpg

Un ano máis, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día das diversidades sexuais", desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase Campaña de sensibilización "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" da que poden formar parte todos aqueles concellos e entidades da provincia da Coruña interesados en participar.

En canto á programación a desenvolver, están previstas as seguintes actividades:

• Actividades para público infantil: organización de 15 obradoiros presenciais A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro orientados á rapazada de 5 a 7 anos. Durante os talleres achegarémonos mediante o xogo ás diversidades afectivo-sexuais co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados nas rapazada, así como previr o rexeitamento e o auto-rexeitamento por motivos de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira saudable. Estes 15 obradoiros serán impartidos en 15 concellos da provincia en datas comprendidas entre o 28 de xuño e o 14 de xullo. Para determinar cales son os 15 concellos onde se van desenvolver os obradoiros celebrouse un sorteo entre todas as solicitudes.
Os talleres serán impartidos pola educadora social e sexóloga Sabela Maceira, do gabinete Con mucho gusto!
Aquí podedes consultar a axenda dos obradoiros infantís:

CARTEL-ACTIVIDADES_-2022.jpg

 

• Actividade para a mocidade: Na web da campaña podemos atopar a información necesaria para poñer en marcha un xogo de pistas co que traballar arredor das diversidades afectivo-sexuais de modo lúdico e natural e de xeito cooperativo. A súa aplicación pode darse en contornos educativos ou de lecer.


Os contidos traballados neste xogo poden ser complementados con outros recursos da campaña, que poden consultarse na web www.seresentir.gal. Poñemos á disposición de concellos, centros educativos, entidades e todas aquelas persoas e colectivos interesados a posibilidade de desenvolver un xogo de pistas, no que a través de enigmas, adiviñas e xogos de lóxica...haberá que cumprir cun obxectivo en grupo. Tendo en conta que entramos no verán, o deseño das probas están pensadas para exteriores. Deste xeito, préstase para aqueles concellos ou entidades que queiran aproveitar a actividade e incorporala nas súas programacións do verán, en campamentos, etc. O xogo estará dispoñible a partires do 27 de xuño.

• Actividade para familias e docentes: O sábado 2 de xullo de 11.30 h a 12.30 h na aula de cultura Xulio Cuns de Betanzos está prevista a celebración dunha palestra a cargo da sexóloga Martina González Veiga. Martina achegaranos a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo. A palestra será retransmitida en streaming a través da canle de YouTube da Deputación e da web da campaña SER E SENTIR e contará con intérpretes de lingua de signos.

Como sempre, na web de SER E SENTIR iremos actualizando información e recursos para que concellos e entidades poidan traballar coa veciñanza. Na actualidade están dispoñibles un feixe de contidos como; vídeos de colectivos LGTBAQI+, pílulas informativas, xogo interactivo, webserie, etc Trátase de recursos que foron recompilados ao longo doutras edicións e que se irán completando con contidos novos que iremos pendurando ao longo desta campaña.

Como en anos anteriores, iremos pendurando na web micro vídeos presentación de colectivos que traballan en prol da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBAQI+, pero como novidade, desta volta contaremos con testemuñas de fóra das nosas fronteiras.

En canto ás adhesións de Concellos e entidades, a data de hoxe contamos coa implicación de 85 concellos e 20 entidades.

 #seresentir #correrecantar #DeputacióndaCoruña

 www.seresentir.gal

CARTEL-ACTIVIDADES-ser-sentir-2021.jpgPROGRAMACIÓN CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR! 2021

  • Contacontos infantil. "O avó que saíu da maleta" de Brais das Hortas. Contacontos en formato dixital que estará publicado na web.
  • Pílulas informativas que aclararán termos conceptuais relativos ás diversidades.
  • Conversa coas entidades Alas Coruña, Arelas e Les Coruña arredor dos retos de futuro das diversidades sexuais que terá lugar de xeito presencial o venres 25 de xuño ás 19.00h na Biblioteca Provincial. É preciso inscrición previa no correo electrónico info@seresentir.gal indicando nome completo e teléfono de contacto. A conversa será retransmitida en directo a través da web da campaña.
  • Xogo interactivo, en formato "Pasapalabra" e que será colgado na web.
  • Colaboración coa serie web S.E.X coa publicación doutros 3 capítulos na web seresentir.gal 
  • Difusión de materias didácticos de ARELAS para centros educativos.
  • Congreso A Memoria Diversa, que se celebrará os días 18 e 19 de xuño no Pazo de Mariñán e que nace coa idea de recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestión de orientación ou identidade de xénero.
  • Proxección do documentario "Noite Irisada" que recoñece, a través de voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.

 

Máis información en seresentir.gal e aculturaéundereito.gal

Os concellos que forman parte desta campaña e as asociacións que traballan a prol da igualdade e defensa dos dereitos LGTBQI e que forman parta da campaña Liberdade de ser e sentir! son os seguintes:

CONCELLOS (85)

ENTIDADES (17)

A BAÑA

A POBRA

ABEGONDO

AMES

ARANGA

ARES

ARTEIXO

ARZÚA

AS PONTES

AS SOMOZAS

BERGONDO

BETANZOS

BOIRO

BOQUEIXÓN

CABANAS

CAMARIÑAS

CAMBRE

CARBALLO

CARIÑO

CARNOTA

CARRAL

CEDEIRA

CEE

CERCEDA

CERDIDO

COIRÓS

CORCUBIÓN

CORISTANCO

CULLEREDO

CURTIS

DUMBRÍA

FENE

FERROL

FISTERRA

FRADES

IRIXOA

LARACHA

LAXE

LOUSAME

MALPICA

Mancomunidade de Ordes

MAÑÓN

MAZARICOS

MELIDE

MESÍA

MIÑO

MOECHE

MONFERO

MUGARDOS

MUROS

MUXÍA

NARÓN

NEDA

NEGREIRA

NOIA

OLEIROS

O PINO

OROSO

ORTIGUEIRA

OUTES

OZA-CESURAS

PADERNE

PADRÓN

PONTECESO

PONTEDEUME

PORTO DO SON

RIANXO

RIBEIRA

ROIS

SADA

SAN SADURNIÑO

SANTA COMBA

SANTISO

SOBRADO

TEO

TOQUES

TORDOIA

TRAZO

VAL DO DUBRA

VALDOVIÑO

VEDRA

VILAMAIOR

VILASANTAR

VIMIANZO

ZAS

ESPAZO DIVERSO

ARELAS

ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS, ARCOSTILOS

ALAS CORUÑA

GRUPO DE IGUALDADE DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

AMIZANDO

SEXPOINT CASCO

CEXEF

FUNDACIÓN MENIÑOS

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE A CORUÑA

REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA

AVANTE COMPOSTELA

LES CORUÑA

GRUPO DE IGUALDADE DA FAC. DE CC DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA

ASOCIACIÓN CULTURAL ONDIÑAS MAINAS

MULLERES EN ACCIÓN DO BARBANZA

08 de xuño de 2020- A Deputación da Coruña conmemorarán o 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, cunha campaña de sensibilización da que forman parte un total de 54 concellos da provincia da Coruña e 6 asociacións que traballan a prol da igualdade e dos dereitos lgtbqi+.
Desde a Deputación da Coruña apostan un ano máis polo lema Liberdade de ser e sentir! que busca ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á
tolerancia das persoas. Nesta edición a campaña terá unha presenza online, na que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Desde a Deputación da Coruña e co gallo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+ levaránse a cabo as
seguintes accións:

  • Plataforma seresentir.gal que contará cunha parte de información pública onde estarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual e unha área privada para que os concellos e entidades poidan acceder aos diferentes recursos da Campaña.
  • "Planeta LGTB" contacontos infantil a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) co que reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
  • Difusión da serie web S.E.X que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas...
  • Concurso nas redes sociais: Balcóns da diversidade, onde convidamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a que nos envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
  • Palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades.

Con motivo do Día da Diversidade Sexual, que celebramos o 28 de xuño, desde Políticas de Igualdade Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir!. Unha das accións que se levan a cabo no marco desta campaña é a realización de catro palestras temáticas centradas na diversidade sexual para falar dos dereitos das barreiras e das liberdades.

 

1.- Visilibilidade LGTBQI+ no deporte, coa participación da Karateka Cristy Tojo e a xornalista Bárbara G. Vilariño.

2.- Diversidade sexual na infancia e na adolescencia, coa participación de Inés del Río (pediatra e forma parte do comité de bioética da Asociación Española de Pediatría), Noemí Díaz (Rede de apoio LGTBQI+ nas escolas galegas) e Enrique Latorre, filósofo e investigador da USC.

3.- Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación, coa participación de Ángela Fernández (Colexio de Xornalistas de Galicia), Daniela Fernández (coordinadora do blog Corpos Incómodos) e a xornalista Bárbara G.Vilariño.

4.- Literatura e diversidade sexual con María Reimóndez (tradutora, intérprete e escritora), Lucía Aldao (poeta e artista galega) e Martín Añel (do Club de Lectura LGTB Queeruña).

Todas estas accións están dirixidas a xerar na sociedade valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, apoiando a diversidade e a liberación sexual e dignificando á comunidade LGTBQI+.