Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Presente pasado e futuro do fútbol feminino

Presente pasado e futuro do fútbol feminino

O Pastoriza SCD, desde os anos 90 organiza campionatos de fútbol feminino (o primeiro en 1994,torneo de Fútbol 7) . No 2000 crearonse equipos femininos. En 2008 creouse un equipo federado senior que segue a estar en activo. En 2018 créase un equipo de fútbol que participa na I liga galega da FGF con dous equipos, no verán de 2018 organizan o I Campus de fútbol feminino e en 2019 comezan a facer intercambios con equipos femininos de fóra do estado español. No 2022 houbo no campo do Pastoriza o campionato de España sub 14 e 16 de fútbol feminino e neste 2023 voltarán os intercambios con equipos de Europa, neste caso coa visita a Dinamarca e a visita a Pastoriza tamén dun equipo dese país.

Na actualidade o Pastoriza supera as 100 fichas femininas e ten catro equipos participando en diversas competicións mais as mudanzas que se veñen desenvolvendo na sociedade van moito máis aló , no clube incoporaron actividades de sensibilización e de coeducación tanto parar xogadoras e xogadores, como o persoal que entrena e para familia , mudanzas en vestiarios, intercambios con outros clubes en que tamén hai fichas femininas, organización de eventos etc.

Por todo isto, desde a Deputación da Coruña estase organizando un ciclo de charlas dirixidas a xente nova nos centros educativos  no que participarán persoal e xogadoras do clube, para amosar a realidade das deportistas galegas no futbol, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero.

Cartel inicial.jpg