Representacións teatrais "Contamos todas"
O proxecto "Contamos todas", consiste nunha programación cultural dirixida ao segundo ciclo da ESO e de Bacharelato, que aplica a técnica do teatro social, da man da compañía A Tropa de Trapo e da empresa Urdime Sociedade Cooperativa Galega co obxecto de promover a sensibilización social contra a violencia de xénero, convidando ao posicionamento persoal do alumnado contra as actitudes machistas que xeran desigualdade.
A actividade desenvolverase a través do teatro social, ferramenta de aprendizaxe colectiva desde as experiencias humanas que supón un instrumento de participación.
A Tropa de Trapo empregará música en directo, narración oral e técnicas do teatro da oprimida para xerar dinámicas participativas entre o alumnado. A actividade comeza cun contacontos sobre a vida de mulleres galegas reais e o seu empoderamento e outro contacontos sobre a historia das mulleres en diferentes partes do mundo.
Estas representacións empregarán actividades dinámicas e participativas onde por un lado escoitaranse os contos e por outro debaterase e traballaranse os conceptos, onde o alumnado participará, opinará coa súa voz e co seu corpo chegando a interpretar unha escea sobre a que reflexionar.
Traballarase con dous contos "As mulleres de Torneiros" e "Liberia", historias reais de mulleres empoderadas, rebeldes, historias de superación.
Este tipo de actividades é unha forma de crear debate, reflexión e pensamento crítico que nos sirva como base para ofrecerlle á poboación adolescente novos modelos de relación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Para traballar nos debates empregarase a técnica do teatro da oprimida a través de varios xogos de concentración e vogais en cadea, para promover a participación.
Concellos e centros participantes
DATA DE REALIZACIÓN |
CENTRO EDUCATIVO |
CONCELLO |
1 de marzo de 2016 |
I.E.S. LAMAS DE CASTELO |
CARNOTA |
14 de marzo de 2016 |
I.E.S. PLURILINGUE FONTERERÍS |
MUROS |
16 de marzo de 2016 |
I.E.S. PUNTA CANDIEIRA |
CEDEIRA |
17 de marzo de 2016 |
C.P.I. ALCALDE XOSÉ PICHEL |
CORISTANCO |
4 de abril de 2016 |
I.E.S. ISAAC DIAZ PARDO |
SADA |
5 de abril de 2016 |
I.E.S. FENE |
FENE |
7 de abril de 2016 |
I.E.S. TERRA DE SONEIRA |
VIMIANZO |
8 de abril de 2016 |
I.E.S. FELIX MURIAL |
RIANXO |
14 de abril de 2016 |
I.E.S. BRIÓN |
BRIÓN |
25 de abril de 2016 |
I.E.S. Nº1 |
ORDES |