Estás en:Atención á cidadanía Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

A Oficina de Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña (Avenida do Porto, nº 2; 15003-A Coruña) ten o seguinte horario de rexistro:

 

Do 1 de outubro ao 14 de xuño

  • Luns a venres: 8.30-14.00h
  • Sábados: 9.00-13.30h
Do 15 de xuño ao 30 de setembro
  • Luns a venres: 8.30-13.30h
  • Sábados: 9.30-13.00h
Do 5 ao 9 agosto: 9.00-13.00h  

- A través da Sede electrónica: Reclamacións, queixas e suxestións.

- Na Oficina de Rexistro Xeral da Deputación da Coruña (Avenida do Porto, nº 2; 15003-A Coruña).

- En todos os órganos das Administracións públicas contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Deputación Provincial da Coruña, co fin de garantir o acceso a información e bo goberno e reforzar a transparencia na actividade pública, conta cun Portal de Transparencia no que poderá consultar: información institucional, organizativa e de planificación, información de relevancia xurídica, información económica, orzamentaria e estatística e os indicadores de transparencia. Toda a información está dispoñible en:  Portal de Transparencia.

A Deputación da Coruña emite en directo as sesións plenarias a través do seguinte enderezo: http://plenos.dacoruna.gal/live

Tamén pode consultar as sesións plenarias xa celebradas na nosa Mediateca. Canle Plenos .

Para a realización de obras en zona de influencia de vías provinciais (xestionadas pola Deputación da Coruña) pode facer o trámite a través da Sede Electrónica onde se recolle:  como e onde facer o proceso, a documentación e a normativa legal. Consulte a nosa Sede Electrónica.