Edición 2026

TW-140enposiyivo-80.jpg

XIV CONCURSO "#140ENPOSITIVO"

Obxecto.

Coa finalidade de espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia, a Biblioteca da Deputación convoca a XIV edición do concurso #140enpositivo.

Buscamos mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Se queres tomar parte desta marea de positivismo, e tes 14 anos ou máis, anímate a participar enviándonos a través do formulario web esa mensaxe que nos vai empuxar a afrontar a vida dun xeito máis positivo!

Condicións.

As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres, os espazos contan. Poden estar escritas en galego ou castelán, e cada participante pode enviar como máximo 3 mensaxes, que deben ser inéditas.

Prazo.

O prazo para a presentación dos traballos será dun mes, e comezará ao día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

O prazo remata o día 28 de marzo de 2026.

Premios.

Poderás conseguir os seguintes premios:

Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.

  • Un libro electrónico para o primeiro premio.
  • Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
  • Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.


Categoría 2: Entre 14 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.

  • Un libro electrónico para o primeiro premio.
  • Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
  • Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

*Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca para todas as persoas participantes, que se recollerá na Biblioteca.

Bases legais completas no BOP

Cubre o O FORMULARIO EN LIÑA COA TÚA MENSAXE:

Formulario de participación:

  IG-xeral-80.jpg

Información do concurso e contacto:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.web@dacoruna.gal

981415176

www.dacoruna.gal/biblioteca

PREMIADOS DO CONCURSO "#140EnPositivo" edición 2026


Reunido na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña ás 14:00 horas do día 13 de abril de 2026 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial #140EnPositivo.

Informase de que se presentaron 180 traballos, cumprindo os requisitos 171 deles, que son os valorados polo xurado. Revisáronse 111 mensaxes na categoría de persoas adultas e 61 mensaxes na categoría xuvenil (14-17 anos).
Realizase una ronda de lectura e selecciónanse os traballlos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:

CATEGORÍA A: Persoas adultas (+18 anos)
1º Premio: Mensaxe nº 21
2º Premio: Mensaxe nº 42
3º Premio: Mensaxe nº 121

CATEGORÍA B: Mocidade (14-17 anos)
1º Premio: Mensaxe nº 183
2º Premio: Mensaxe nº 101
3º Premio: Mensaxe nº 124

O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxeto do concurso.

Os premios por categoría son:
1º Premio: Un lector de libros electrónicos
2º Premio: Un bono de 75 euros en libros
3º Premio: Un lote de productos promocionais da Biblioteca Provincial

Finalizada a selección procédese a revelar a autoría dos traballos seleccionados, resultando premiadas as seguintes persoas participantes:

CATEGORÍA A: Persoas adultas (+18 anos)

1º Premio: Mensaxe nº 21

"Saes fóra e o mundo respira contigo. A terra non se rende: florece despois do frío, medra entre pedras, busca luz ata rachala. Aprende dela. Se a natureza insiste, ti tamén. Sempre hai primavera agardando baixo a túa propia pel."

Autoría: Alejandro Veira Canle

2º Premio: Mensaxe nº 121

"Hai días nos que resistir xa é unha forma de beleza. Non todo medra cara arriba: tamén hai raíces que avanzan na escuridade, sostendo a vida sen facer ruído."
Autoría: Lara Romero Carrera

3º Premio: Mensaxe nº 71

"Nenas que medraron procurando oportunidades, mozas valerosas que partiron tópicos, vellas testanas que desfecharon portas, artistas tras fiestras abraiando co seu talento, nais que adestraron distinto...sigamos as pegadas das nosas teimudas devanceiras!"
Autoría: Cristina Valiña Pazos

CATEGORÍA B: Mocidade (14-17 anos)

1º Premio: Mensaxe nº 183

"A veces me despierto y el mundo pesa un poco. Que si el pelo, que si el cuerpo, que si no soy suficiente. Tengo 15 y aprendo cada día a decir que no a lo que me quita la alegría. Mis errores son lecciones, mi risa es mi bandera, no necesito permiso para ser quien yo quiera."
Autoría: Jessica Sousa Abalde

2º Premio: Mensaxe nº 101

"O cambio non comeza cando todo está listo, senón cando decides dar o primeiro paso aínda con medo."

Autoría: Raúl Soneira Barreira

3º Premio: Mensaxe nº 124

"Deixade atrás os vosos prexuízos e ide provocando sorrisos."
Autoría: Julia Fresco Pérez

Os premios poderán recollerse presencialmente na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña entre o 4 e o 29 de maio en horario de apertura da Biblioteca. Asímesmo todos os participantes no concurso teñen un pequeno agasallo da Biblioteca que tamén pode ser recollido nesas datas.

Por último, o xurado destaca a alta participación no concurso, maior que en edicións anteriores, principalmente no referente á categoría xuvenil, e pon en valor a calidade xeral das mensaxes participantes.