Estás en:Biblioteca Actividades Obradoiros artísticos de pintura xuño-xullo 2023

Obradoiros artísticos de pintura xuño-xullo 2023

Actividade completa. Contactaremos por correo electrónico coas persoas que obtiveron praza.

Impartidos por Luisa Valdés para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos.

Duración de 1 semana a elixir entre as seguintes:

• 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño
• 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo
• 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo
• 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo
• 24, 26, 27 e 28 de xullo

Realizaranse en horario de 11:00 a 13:00 h na Sala Manuel López.

12 prazas por semana.

O formulario para inscribirse nos talleres activarase o 15 de xuño ás 10:30 h da mañá, e aparecerá debaixo do texto desta mesma páxina.

Poden inscribirse todos os socios/as.

Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns).

Os cursos son totalmente gratuítos.

En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.

Para contactar coa biblioteca, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal