Manuel María
Manuel María (1929-2004) é unha figura esencial da cultura galega e unha das voces que, ao longo do século XX, contribuíron de maneira decisiva á defensa, dignificación e normalización da nosa lingua. A súa traxectoria literaria e o seu compromiso cívico forman parte xa do patrimonio colectivo de Galiza.
A través da súa obra, soubo converter a palabra nunha ferramenta de conciencia, de memoria e de esperanza, sempre ligada á terra, á xente e á realidade do noso país. O seu legado permanece entre nós como unha herdanza que nos interpela.
É por todo isto que no 2025 a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña elaborou unha exposición fotográfica baseada no libro "A luz resucitada. Un achegamento imaxinario ao poeta Manuel María", obra do fotógrafo Manuel Lemos e editada pola Fundación Manuel María.
Este audiovisual foi creado para acompañar a dita exposición, de aí a súa calidade estética e coidada narración.

