Convocatoria de subvencións
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
CI-1 PLANIFICACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables
- Elaboración, publicación, difusión e avaliación final dos Plans municipais de igualdade
- Proxectos de investigación e/ou estudo-diagnóstico territorial sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
CI-2 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a importancia da representación equitativa e a participación activa das mulleres nas institucións/asociacións e órganos de toma de decisións tanto do ámbito público coma privado.
CI-3 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa de actividades coeducativas no ámbito comunitario, especialmente dirixidos á poboación infantil e xuvenil en colaboración directa cos centros educativos, coas ANPAS, etc.
- Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades.
CI-4 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas formativos de mellora da empregabilidade das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego
- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e á procura dun medio rural sustentable.
CI-5 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas e/ou Servizos de conciliación.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
CV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables
- Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario
- Programas formativos sobre intervención en materia de violencia de xénero.
CV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e das persoas que delas dependan.
- Protocolos e/ou estructuras de coordinación interinstitucional de cara á prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero e protección das persoas en situacións de violencia de xénero e das persoas que delas dependan
CONCESIÓNS
Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.O.0.B. (igualdade e prevención da violencia de xénero) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:
NO ANO 2017 A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA POLÍTICAS DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO INCORPOROUSE O PLAN P.O.S.+ DA DEPUTACIÓN
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:
EI- PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Códigos:
EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación mais activa da vida pública.
- Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero especialmente dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade social como poden ser as que pertencen a minorías, emigrantes, inmigrantes, con diversidade funcional, que exercen a prostitución, reclusas e ex-reclusas, mulleres "vítimas violencia de xénero" etc.
- Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
- - Programas formativos de mellora da empregabilidade das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
- - Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades do contorno, e a procura dun medio rural sustentable.
EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas e/ou Servizos de conciliación.
EV- PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas delas dependentes.
Concesións
Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.O.0.A. (igualdade entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero) dos últimos anos nas seguintes ligazóns: