Concepción Arenal

Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente, convócase un ano máis, o premio Concepción Arenal anualidade 2018, co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia, que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

  • A) Proxectos educativos en educación infantil.
  • B) Proxectos educativos en educación primaria.
  • C) Proxectos educativos en educación secundaria.

 

Poden consultar as bases da convocatoria para o ano 2018 na seguinte
ligazón:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/11/23/2018_0000008598.pdf

 

Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente, convócase un ano máis, o premio Concepción Arenal anualidade 2017, co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia, que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

A) Proxectos educativos en educación infantil.

B) Proxectos educativos en educación primaria.

C) Proxectos educativos en educación secundaria.

Poden consultar as bases da convocatoria para o ano 2017 na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/10/13/2017_0000008597.pdf

 

 

Proxectos gañadores

Os proxectos gañadores do Premio Concepción Arenal de proxectos educativos en igualdade de xénero no ano 2017 son;

  • Modalidade A (Educación Infantil) : C.E.I.P. María Pita Coruña co proxecto "Tripulando a igualdade"
  • Modalidade B (Educación Primaria): C.P.I. Atios Valdoviño co proxecto "Proxecto DNI: Diferentes na igualdade"
  • Modalidade C (Educación Secundaria): I.E.S. Otero Pedrayo na Coruña co proxecto "Mais pola igualdade"

 

O xurado destacou de "Tripulando a igualdade", o premio de Educación Infantil do CIP María Pita da Coruña que traballa a educación emocional do alumnado, o uso das novas tecnoloxías e a inclusión do entorno educativo de maneira especial co emprego do "libro viaxeiro" que visitará as casas do alumnado implicando toda a súa familia.

En canto á proposta do Centro CPI Atios Valdoviño titulado "Diferentes na igualdade" que se impuxo na modalidade de Educación Primaria, o xurado estima a incorporación das novas tecnoloxías para contribuír á igualdade nun traballo que se inclúe no proxecto europeo Erasmus Plus que ten como obxectivo potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas do alumnado, con especial atención á diversidade.

Finalmente, con respecto ao proxecto defendido polo IES Otero Pedrayo da Coruña, "Máis pola igualdade" que gañou na categoría de secundaria, destaca o fallo da convocatoria que trata de formar o alumnado para que sexa quen traslade a aprendizaxe a outra parte do alumnado. O xurado sinalou que é o propio alumnado quen fai a diagnose e o programa de sensibilización, converténdose en axente especial para apostar por medidas de inclusión. O proxecto ten no audiovisual unha das principais canles de difusión.

 

 

Obxecto

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

O premio concederase ao mellor programa educativo en cada unha das tres modalidades que xa se implantase e se pretenda continuar, ou ben que estea pendente da súa execución.

Premiarase o programa de actividades do centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Categorías de participación

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

A) Proxectos educativos en educación infantil

B) Proxectos educativos en educación primaria

C) Proxectos educativos en educación secundaria

Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Non poderán participar os centros educativos premiados, na convocatoria do ano 2015, na mesma modalidade na que se presentaron.

Premio

Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación.

O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro proxecto educativo pola súa calidade técnica ou impacto social.

A Deputación resérvase os dereitos de explotación da propiedade intelectual e en especial os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública por tempo indefinido para que a Deputación poida empregar os proxectos gañadores para calquera actividade da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

Prazo e forma de presentación dos traballos

Prazo: o prazo de admisión de proxectos ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais.

Forma de presentación: o proxecto educativo entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado, no exterior do sobre indicarase; Premio Concepción Arenal 2016: proxectos educativos pola igualdade de xénero, modalidade na que se presenta ( A, B ou C), nome do centro participante e o título do proxecto.

Dentro deste sobre engadirase:

  • Folla de aceptación dos compromisos (anexo I) cos datos requiridos debidamente asinada.
  • Fotocopia do CIF do centro participante

 

As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. do Porto da Coruña nº2 15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art.. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, RXPAC.

Para máis información poden consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/10/28/2016_0000008677.pdf

 

 

CENTROS GAÑADORES

Os centros educativos gañadores do Premio Concepción Arenal 2016 son:

MODALIDADE A (Educación infantil)

C.R.A. Culleredo (Concello de Culleredo)

MODALIDADE B (Educación primaria)

C.E.I.P. Canosa Rus (Concello de Coristanco)

MODALIDADE C (Educación secundaria)

I.E.S. Fontexería (Concello de Muros)

 

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios terá lugar o próximo día 20 de abril ás 17.00 horas no Salón de Plenos do Pazo Provincial sito na Avenida do Porto da Coruña, A Coruña