Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Premios e Concursos Concurso de guións contra a violencia de xénero

Concurso de guións contra a violencia de xénero

 

VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade, xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla. Por este motivo dende a Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar á poboación en xeral, sobre a violencia económica exercida sobre as mulleres como forma de violencia de xénero que limita o seu empoderamento e fomenta a dependencia, caldo de cultivo da violencia machista.

O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia económica como forma de control e dominación.

Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia económica que inclúe a limitación ou privación intencionada e non xustificada de recursos para o benestar físico ou psicolóxico das mulleres e dos seus fillos e fillas ou persoas
que delas dependen, reflexionen sobre a prohibición para traballar de forma remunerada, ameazas continuadas sobre aspectos económicos, discriminación no emprego e acceso aos recursos ou bens materiais compartidos no ámbito da convivencia ou sobre a fenda salarial existente na sociedade onde as mulleres perciben menores ingresos por iguais traballos ou peores condicións laborais.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga.

 

Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade, xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla. Por este motivo dende a Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta lacra social.

Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.

Cada participante/s só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.

Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores.

Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.

O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

Traballo gañador

O xurado do "Concurso de guións contra a violencia de xénero" 2019 decidiu conceder por unanimidade o premio ao guión gañador baixo o título "NUNCA MÁIS" que resulta da autoría de:

  • Fátima Hakoumi Bensaad
  • Ana Caaveiro da Costa
  • Aline Andreina dos Santos Ferreira
  • Aroa Fernández Freire
  • Leticia Alonso Seco

 

O guión "Nunca máis" foi titora a docente Diana Aradas Blanco do IES Moncho Valcarce do concello das Pontes de García Rodríguez.

O xurado destacou neste guión unha mensaxe de empoderamento da muller moderna e cunha mensaxe positiva, ademais de ser visual e técnicamente atractivo.

 

Traballo gañador

O xurado do "Concurso de guións contra a violencia de xénero" 2017 decidiu conceder por unanimidade o premio ao guión gañador baixo o título "Deámoslles Voz" que resulta da autoría de:

  • Cristina Orgueira Posse
  • Amara Fontao Saavedra

 

O guión "Deámoslles Voz" foi titorizado pola docente Marisol Doval Casal do I.E.S. Isaac Díaz Pardo do concello de Sada.

O xurado destacou neste guión, as distintas situacións de violencia, xunto coa estructura con final esperanzador e a mensaxe de unión para conseguir erradicar a violencia de xénero.

Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade, xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla. Por este motivo dende a Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta lacra social.

Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña,e apoiados pola Dirección do centro.

Cada participante/s só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.

Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores.

Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.

O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

Para máis información: 

 

Traballo gañador

O xurado do "Concurso de guións contra a violencia de xénero" decidiu conceder por unanimidade o premio ao guión gañador baixo o título "O Túnel"que resulta da autoría de :

  • Alba Antúnez Pena
  • Cristina Fernández Blanco
  • Carmela Franco Caaveiro
  • Jessica Moledo Blanco
  • Noemí Purriños Lago
  • Román Varela Cores

O guión "O túnel" foi titorizado pola docente Diana Aradas Blanco do IES Moncho Valcarce do concello de As Pontes de García Rodríguez

O xurado, destacou neste guión a proposta orixinal, intelixente que encerra moitas capas. Trata un tipo de violencia "invisible" de baixa intensidade ou tamén denominada "micromachismos" presente na sociedade. Reflicte unha sociedade opresiva e patriarcal. É unha curta poética e metafórica con gran plasticidade. Xera reflexión, concienciación sobre a violencia de xénero. Considérase unha proposta con impacto social.

Tecnicamente está moi ben escrito e visualizase perfectamente.

É un guión complexo que transmite unha mensaxe moi clara.

Técnicamente considerase viable para a súa produción