Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Emprendedoras no rural

Emprendedoras no rural

Igualdade da Deputación da Coruña aposta por fomentar o crecemento persoal e colectivo das mulleres, así como facilitar a creación de espazos en que as mulleres sexan protagonistas das súas vidas e historias.

Poñer en valor as iniciativas que as mulleres están poñendo en marcha no rural galego é un dos  obxectivos, coñecer iniciativas ou que xa teñen un percurso é necesario.

Este proxecto é unha acción recollida no plan provincial de igualdade, área estratéxica 4-obxectivos OE 4.2.2 , organización de xornadas e foros para xeración de ideas creativas que poidan impulsar o emprego e autoemprego de mulleres e dar a coñecer boas prácticas.

O proxecto consta de 5 entrevistas en formato audiovisual  con mulleres que desenvolven a súa actividade productiva no rural. Teñen como obxectivo amosar referentes de mulleres emprendedoras coa finalidade de visibilizar o seu traballo e por en valor a actividade que desenvolven.

As protagonistas destes vídeos son Leticia Iglesias (Neda), coa súa empresa de venta de produtos de horta "Na Horta da Avoa María"; Carme Pampín (Touro), cofundadora de Galchimia, centro de excelencia para a investigación química; Sonia Ares (Rois), artesá traballadora de prata e vidro; María Fandiño (Curtis), enxeñeira industrial e gandeira; e Rocío Picado (A Baña), xerente do Fogar Residencial e Centro de Día Fogar de Ceilán.

O domingo 15 de outubro, Día da Muller Rural, ás 17:00 horas, a área de Igualdade da Deputación da Coruña realizará no Concello da Baña a presentación do proxecto audiovisual "Mulleres emprendedoras do rural".

O acto é público e aberto a todas as persoas que queiran asistir.

Este proxecto achegarase tamén durante o mes de outubro a outros 4 concellos da provincia da Coruña en datas que se van anunciar nos vindeiros días. Os video colgaranse na canle de youtube.

A Baña 15 outubro.jpg

MARÍA FANDIÑO.jpg

LETICIA IGLESIAS (1).jpg

 CARME PAMPÍN (1).jpg

SONIA ARES-Lousame.jpg