Liberdade de ser e sentir
Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir.
A área de Igualdade da Deputación da Coruña prepara para a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais que se celebrará o vindeiro 28 de xuño. A cuarta edición da campaña "Liberdade de ser e
sentir", cun amplo programa de actividades, e o congreso "A memoria diversa" en colaboración coa área de Cultura.
Un total de 85 concellos e 15 entidades participan na campaña "Liberdade de ser e sentir" nesta anualidade cun programa que este ano se prolonga ao longo de todo o mes de xuño cunha pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria.
Neste sentido, o programa inclúe actividades para todos os públicos, desde un conto infantil que será difundido en aberto na rede até pílulas informativas para expandir unha mensaxe igualitaria, conversas públicas con representantes das entidades que defenden dereitos dos colectivos ou a proxección do audiovisual "Noite Irisada" en doce concellos da Coruña.
Ademais, a Deputación da Coruña organiza o congreso "A memoria diversa" que ten como obxectivo recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestións de orientación ou identidade de xénero.
#seresentir #DeputacióndaCoruña






PROGRAMACIÓN CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR! 2021
- Contacontos infantil. "O avó que saíu da maleta" de Brais das Hortas. Contacontos en formato dixital que estará publicado na web.
- Pílulas informativas que aclararán termos conceptuais relativos ás diversidades.
- Conversa coas entidades Alas Coruña, Arelas e Les Coruña arredor dos retos de futuro das diversidades sexuais que terá lugar de xeito presencial o venres 25 de xuño ás 19.00h na Biblioteca Provincial. É preciso inscrición previa no correo electrónico info@seresentir.gal indicando nome completo e teléfono de contacto. A conversa será retransmitida en directo a través da web da campaña.
- Xogo interactivo, en formato "Pasapalabra" e que será colgado na web.
- Colaboración coa serie web S.E.X coa publicación doutros 3 capítulos na web seresentir.gal
- Difusión de materias didácticos de ARELAS para centros educativos.
- Congreso A Memoria Diversa, que se celebrará os días 18 e 19 de xuño no Pazo de Mariñán e que nace coa idea de recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestión de orientación ou identidade de xénero.
- Proxección do documentario "Noite Irisada" que recoñece, a través de voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.
Máis información en seresentir.gal e aculturaéundereito.gal
Os concellos que forman parte desta campaña e as asociacións que traballan a prol da igualdade e defensa dos dereitos LGTBQI e que forman parta da campaña Liberdade de ser e sentir! son os seguintes:
CONCELLOS (85) | ENTIDADES (17) | |
A BAÑA A POBRA ABEGONDO AMES ARANGA ARES ARTEIXO ARZÚA AS PONTES AS SOMOZAS BERGONDO BETANZOS BOIRO BOQUEIXÓN CABANAS CAMARIÑAS CAMBRE CARBALLO CARIÑO CARNOTA CARRAL CEDEIRA CEE CERCEDA CERDIDO COIRÓS CORCUBIÓN CORISTANCO CULLEREDO CURTIS DUMBRÍA FENE FERROL FISTERRA FRADES IRIXOA LARACHA LAXE LOUSAME MALPICA Mancomunidade de Ordes MAÑÓN | MAZARICOS MELIDE MESÍA MIÑO MOECHE MONFERO MUGARDOS MUROS MUXÍA NARÓN NEDA NEGREIRA NOIA OLEIROS O PINO OROSO ORTIGUEIRA OUTES OZA-CESURAS PADERNE PADRÓN PONTECESO PONTEDEUME PORTO DO SON RIANXO RIBEIRA ROIS SADA SAN SADURNIÑO SANTA COMBA SANTISO SOBRADO TEO TOQUES TORDOIA TRAZO VAL DO DUBRA VALDOVIÑO VEDRA VILAMAIOR VILASANTAR VIMIANZO ZAS | ESPAZO DIVERSO ARELAS ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS, ARCOSTILOS ALAS CORUÑA GRUPO DE IGUALDADE DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL AMIZANDO SEXPOINT CASCO CEXEF FUNDACIÓN MENIÑOS ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE A CORUÑA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA AVANTE COMPOSTELA LES CORUÑA GRUPO DE IGUALDADE DA FAC. DE CC DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA ASOCIACIÓN CULTURAL ONDIÑAS MAINAS MULLERES EN ACCIÓN DO BARBANZA |
08 de xuño de 2020- A Deputación da Coruña conmemorarán o 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, cunha campaña de sensibilización da que forman parte un total de 54 concellos da provincia da Coruña e 6 asociacións que traballan a prol da igualdade e dos dereitos lgtbqi+.
Desde a Deputación da Coruña apostan un ano máis polo lema Liberdade de ser e sentir! que busca ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á
tolerancia das persoas. Nesta edición a campaña terá unha presenza online, na que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Desde a Deputación da Coruña e co gallo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+ levaránse a cabo as
seguintes accións:
- Plataforma seresentir.gal que contará cunha parte de información pública onde estarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual e unha área privada para que os concellos e entidades poidan acceder aos diferentes recursos da Campaña.
- "Planeta LGTB" contacontos infantil a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) co que reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
- Difusión da serie web S.E.X que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas...
- Concurso nas redes sociais: Balcóns da diversidade, onde convidamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a que nos envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
- Palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades.
Con motivo do Día da Diversidade Sexual, que celebramos o 28 de xuño, desde Políticas de Igualdade Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir!. Unha das accións que se levan a cabo no marco desta campaña é a realización de catro palestras temáticas centradas na diversidade sexual para falar dos dereitos das barreiras e das liberdades.
Todas estas accións están dirixidas a xerar na sociedade valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, apoiando a diversidade e a liberación sexual e dignificando á comunidade LGTBQI+.