Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Liberdade de ser e sentir

Liberdade de ser e sentir

Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir.

A área de Igualdade da Deputación da Coruña prepara para a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais que se celebrará o vindeiro 28 de xuño. A cuarta edición da campaña "Liberdade de ser e
sentir", cun amplo programa de actividades, e o congreso "A memoria diversa" en colaboración coa área de Cultura.

Un total de 85 concellos e 15 entidades participan na campaña "Liberdade de ser e sentir" nesta anualidade cun programa que este ano se prolonga ao longo de todo o mes de xuño cunha pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria. 

Neste sentido, o programa inclúe actividades para todos os públicos, desde un conto infantil que será difundido en aberto na rede até pílulas informativas para expandir unha mensaxe igualitaria, conversas públicas con representantes das entidades que defenden dereitos dos colectivos ou a proxección do audiovisual "Noite Irisada" en doce concellos da Coruña.

Ademais, a Deputación da Coruña organiza o congreso "A memoria diversa" que ten como obxectivo recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestións de orientación ou identidade de xénero.

#seresentir #DeputacióndaCoruña

CARTEL-ACTIVIDADES-ser-sentir-2021.jpgPROGRAMACIÓN CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR! 2021

  • Contacontos infantil. "O avó que saíu da maleta" de Brais das Hortas. Contacontos en formato dixital que estará publicado na web.
  • Pílulas informativas que aclararán termos conceptuais relativos ás diversidades.
  • Conversa coas entidades Alas Coruña, Arelas e Les Coruña arredor dos retos de futuro das diversidades sexuais que terá lugar de xeito presencial o venres 25 de xuño ás 19.00h na Biblioteca Provincial. É preciso inscrición previa no correo electrónico info@seresentir.gal indicando nome completo e teléfono de contacto. A conversa será retransmitida en directo a través da web da campaña.
  • Xogo interactivo, en formato "Pasapalabra" e que será colgado na web.
  • Colaboración coa serie web S.E.X coa publicación doutros 3 capítulos na web seresentir.gal 
  • Difusión de materias didácticos de ARELAS para centros educativos.
  • Congreso A Memoria Diversa, que se celebrará os días 18 e 19 de xuño no Pazo de Mariñán e que nace coa idea de recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestión de orientación ou identidade de xénero.
  • Proxección do documentario "Noite Irisada" que recoñece, a través de voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.

 

Máis información en seresentir.gal e aculturaéundereito.gal

Os concellos que forman parte desta campaña e as asociacións que traballan a prol da igualdade e defensa dos dereitos LGTBQI e que forman parta da campaña Liberdade de ser e sentir! son os seguintes:

CONCELLOS (85)

ENTIDADES (17)

A BAÑA

A POBRA

ABEGONDO

AMES

ARANGA

ARES

ARTEIXO

ARZÚA

AS PONTES

AS SOMOZAS

BERGONDO

BETANZOS

BOIRO

BOQUEIXÓN

CABANAS

CAMARIÑAS

CAMBRE

CARBALLO

CARIÑO

CARNOTA

CARRAL

CEDEIRA

CEE

CERCEDA

CERDIDO

COIRÓS

CORCUBIÓN

CORISTANCO

CULLEREDO

CURTIS

DUMBRÍA

FENE

FERROL

FISTERRA

FRADES

IRIXOA

LARACHA

LAXE

LOUSAME

MALPICA

Mancomunidade de Ordes

MAÑÓN

MAZARICOS

MELIDE

MESÍA

MIÑO

MOECHE

MONFERO

MUGARDOS

MUROS

MUXÍA

NARÓN

NEDA

NEGREIRA

NOIA

OLEIROS

O PINO

OROSO

ORTIGUEIRA

OUTES

OZA-CESURAS

PADERNE

PADRÓN

PONTECESO

PONTEDEUME

PORTO DO SON

RIANXO

RIBEIRA

ROIS

SADA

SAN SADURNIÑO

SANTA COMBA

SANTISO

SOBRADO

TEO

TOQUES

TORDOIA

TRAZO

VAL DO DUBRA

VALDOVIÑO

VEDRA

VILAMAIOR

VILASANTAR

VIMIANZO

ZAS

ESPAZO DIVERSO

ARELAS

ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS, ARCOSTILOS

ALAS CORUÑA

GRUPO DE IGUALDADE DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

AMIZANDO

SEXPOINT CASCO

CEXEF

FUNDACIÓN MENIÑOS

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE A CORUÑA

REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA

AVANTE COMPOSTELA

LES CORUÑA

GRUPO DE IGUALDADE DA FAC. DE CC DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA

ASOCIACIÓN CULTURAL ONDIÑAS MAINAS

MULLERES EN ACCIÓN DO BARBANZA

08 de xuño de 2020- A Deputación da Coruña conmemorarán o 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, cunha campaña de sensibilización da que forman parte un total de 54 concellos da provincia da Coruña e 6 asociacións que traballan a prol da igualdade e dos dereitos lgtbqi+.
Desde a Deputación da Coruña apostan un ano máis polo lema Liberdade de ser e sentir! que busca ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á
tolerancia das persoas. Nesta edición a campaña terá unha presenza online, na que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Desde a Deputación da Coruña e co gallo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+ levaránse a cabo as
seguintes accións:

  • Plataforma seresentir.gal que contará cunha parte de información pública onde estarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual e unha área privada para que os concellos e entidades poidan acceder aos diferentes recursos da Campaña.
  • "Planeta LGTB" contacontos infantil a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) co que reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
  • Difusión da serie web S.E.X que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas...
  • Concurso nas redes sociais: Balcóns da diversidade, onde convidamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a que nos envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
  • Palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades.

Con motivo do Día da Diversidade Sexual, que celebramos o 28 de xuño, desde Políticas de Igualdade Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir!. Unha das accións que se levan a cabo no marco desta campaña é a realización de catro palestras temáticas centradas na diversidade sexual para falar dos dereitos das barreiras e das liberdades.

 

1.- Visilibilidade LGTBQI+ no deporte, coa participación da Karateka Cristy Tojo e a xornalista Bárbara G. Vilariño.

2.- Diversidade sexual na infancia e na adolescencia, coa participación de Inés del Río (pediatra e forma parte do comité de bioética da Asociación Española de Pediatría), Noemí Díaz (Rede de apoio LGTBQI+ nas escolas galegas) e Enrique Latorre, filósofo e investigador da USC.

3.- Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación, coa participación de Ángela Fernández (Colexio de Xornalistas de Galicia), Daniela Fernández (coordinadora do blog Corpos Incómodos) e a xornalista Bárbara G.Vilariño.

4.- Literatura e diversidade sexual con María Reimóndez (tradutora, intérprete e escritora), Lucía Aldao (poeta e artista galega) e Martín Añel (do Club de Lectura LGTB Queeruña).

Todas estas accións están dirixidas a xerar na sociedade valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, apoiando a diversidade e a liberación sexual e dignificando á comunidade LGTBQI+.