Estás en:Servizos Sociais Premios entidades sociais

Premios entidades sociais

Final Cartel Boas practicas.jpg

No marco do Plan de Acción Social de Servizos Sociais, e das actuacións en materia de servizos sociais para o ano 2021,  a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña convoca o  Premio de “Boas Prácticas en Servizos Sociais”

Este premio busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que a xuízo desta administración destaquen pola súa labor en defensa dos dereitos da cidadanía e a favor dos grupos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, grupos e comunidades.

As entidades participantes deberán de desenvolver a súa actividade nalgunha das seguintes áreas:

a) Área de familia, infancia e mocidade.

b) Área de persoas con diversidade funcional.

c) Área de persoas maiores.

d) Área de minorías étnicas e inmigración

e) Área de drogodependencias e outros trastornos aditivos.

f) Área de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Concederanse tres premios en metálico de 5.000 euros cada un, xunto coa entrega dunha distinción simbólica, e un recoñecemento público.

As Bases do premio publicáronse  no BOP núm 35 do  23 de febreiro de 2021, e poden consultarse na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/23/2021_0000001338.html

O prazo de solicitudes está aberto ata as 14:00 horas do día 30 de xuño de 2021.

 

 

CONVOCATORIA

ENTIDADE

PROXECTO PREMIADO

2021: I PREMIO

ASOCIACIÓN DE PADRES DE PERSONAS CON PARÁLISIS
CEREBRAL (ASPACE)

Talentos Inclusivos

ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

Proyecto FADAS

ASOCIACIÓN UNIDAD DE TRATAMIENTO DEL ALCOHOL Y CONDUCTAS ADICTIVAS LUIS MIGUEL MORAS

Programa HIXÍA