Edición 2016

hoxeleoen.jpgInformación e bases

Do 8 de xullo ó 31 de agosto de 2019

¿Onde che gusta ler durante o verán? Queremos que compartas connosco ese lugar único no que desfrutas das túas lecturas nas vacacións ou no teu tempo libre. Envíanos unha fotografía do lugar onde les e do libro, revista, libro dixital, audiolibro... do que estás desfrutando. Pode ser a través de Instagram, Twitter, Facebook ou por correo electrónico, e poderás gañar unha viaxe cultural a unha capital europea para dúas persoas!Consulta máis datos do concurso aquí: Concurso #hoxeleoen

Agardamos as túas fotos antes do 31 de agosto!

Sorteo

O 31 de agosto rematou o prazo deste concurso de dinamización e animación á lectura e a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da provincia da Coruña, feito en colaboración entre a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña.

Queremos agradecer a todas as persoas que se animaron a participar nesta actividade connosco axudándonos a fomentar a lectura, nos vindeiros días recibiredes no voso domicilio un pequeno agasallo en recoñecemento. E particularmente ás persoas que prestaron a súa imaxe para a reportaxe da Voz de Galicia.

Destacamos a grande calidade das fotografías presentadas este ano, buscando escenarios destacados na natureza, na praia, en edificios históricos... Os enfoques particularmente coidados, os lugares con boas vistas, a elección da perspectiva ou o fomento dalgúns lugares algo máis descoñecidos da nosa xeografía provincial que merecen ser publicitados.

Pero sobre todo é de destacar a variedade de libros cos que participastes no concurso: grandes éxitos da literatura actual, novidades de non ficción (como ciencia ou psicoloxía), pero tamén teatro ou obras clásicas inmortais, literatura infantil e xuvenil... Para todos os gustos. Notouse unha importante participación de títulos en formato dixital e congratulámonos da importante presenza masculina nesta edición que outros anos estaba algo máis ausente. Os nosos parabéns.

Aínda que puidestes ir seguindo a participación polas nosas redes, foi imposible publicar todas as fotografías. De todos os xeitos, debido á revisión das fotografías por parte do equipo da Biblioteca para que se axusten ás bases, as fotografías definitivas cos números finais, do 1 ó 143, publícanse a continuación:

 

Lembrámosvos que o sorteo terá lugar o día 9 de setembro ás 11:00 h. O sorteo realizarase de xeito automático mediante unha ferramenta web de selección aleatoria dun número entre o 1 e o 143. A dirección web na que se realizará o sorteo é a seguinte: Sorteo en liña do VII concurso #Hoxeleoen 2019 Despois das 11:01 h dese día poderase ver o resultado. Unha vez comprobado a qué fotografía corresponde o número seleccionado, desde a Biblioteca poñerémonos en contacto coa persoa gañadora o mesmo día 9 a través dos datos de contacto facilitados, para comunicarlle o premio e a data do acto de entrega do mesmo, datos que posteriormente se farán públicos.

 

Fotografía Gañadora

Xa temos fotografía gañadora do sorteo #Hoxeleoen. Segundo o sorteo realizado automáticamente na web mencionada, o número gañador foi o 4, que se corresponde coa fotografía presentada a través de Facebook por Luis Enrique Veiga Rodríguez, do libro "Se vende un hombre" de Ángel Mª de Lera, Premio Ateneo de Sevilla 1973, tomada na rúa Riego de Agua no Concello da Coruña.

NORABOA!

O acto de entrega do premio será o vindeiro venres día 20 ás 12:45 h.