Biblioteca e Arquivo César Antonio Molina e Mercedes Monmany
César Antonio Molina
César Antonio Molina Sánchez (1952-) escritor e político coruñés. Foi Ministro de Cultura entre 2007 e 2009, e director do Círculo de Belas Artes de Madrid, do Instituto Cervantes e da Casa do Lector da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Na actualidade é socio e dirixe o Departamento de Derecho de la Cultura no Bufete Cremades & Calvo-Sotelo Abogados.
Mercedes Monmany
Mercedes Monmany (Barcelona). Licenciada en Ciencias da Información e estudos en Filoloxía Francesa na Universidade Complutense de Madrid. Cursou Literatura Italiana Contemporánea na Università Dante Alighieri de Florencia. Especializada en temas de literatura contemporánea, e europea en particular, editora de poesía, asesora editorial e crítica literaria nos principais suplementos de xornais españois.
César Antonio Molina e a súa muller Mercedes Monmany, escritora e crítica literaria doaron no ano 2005 á Deputación da Coruña e á súa cidade natal, A Coruña, á que considera como parte da súa familia, a gran biblioteca e arquivo persoal que foron atesourando ao longo dos anos.
Esta sala bibliográfica e documental do legado de César Antonio Molina e Mercedes Monmany está a disposición dos lectores e investigadores coruñeses na segunda planta da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
A sala está en continuo crecemento e chegan continuamente obras novas ao fondo bibliográfico.
Entre as obras doadas destacan primeiras edicións de autores da Xeración do 27 e unha ampla colección de obras de crítica e teoría literaria, ademais de manuscritos dalgunhas obras do autor e xestor cultural coruñés, correspondencia epistolar con outros escritores, centos de exemplares dedicados, e obxectos persoais .
Na colección encóntranse tamén numerosas obras de filosofía, arte, antropoloxía, cine e catálogos compilados en todo o mundo, ademais de valiosos obxectos persoais como a Medalla de Cabaleiro as Artes e as Letras de Francia, ou a Medalla de Carlos III, entre outras distincións.
Na entrada da Biblioteca contamos cun expositor permanente dedicado a esta doazón e este legado.