Estás en:Patrimonio Aulas científicas IV Xornadas: A luz da ciencia

Prensa_250x302_con_Muncyt.jpgSESIÓN 1: Didáctica das ciencias experimentais

Lugar: Pazo de Mariñán, día 13 de xaneiro ás 18:00 horas.

Poñentes: Mireia Colom Brossa e Susaina Figuera de Prado (Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació (FCRI)
Contidos: Análise da didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas. Educación CTIM ( Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Tratamento da perspectiva de xénero e a ciencia nas aulas. Reflexión sobre a necesidade de fomentar a vocación científica e a importancia da visibilización das mulleres na ciencia e a procura de referentes.



SESIÓN 2 : Ciencia, investigación e xénero

Pazo de Mariñán , día 14 de xaneiro ás 18:00 h

Poñentes: María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García, Zulema Varela Río ( investigadoras, forman parte da Rede galega pola investigación)
Contidos: Revisión lexislativa. A Lei Ángeles Alvariño. Análise da perspectiva de xénero na ciencia e na investigación científica. Visualización das realidades laborais no ámbito científico.


SESIÓN 3: Divulgación, comunicación científica e xénero

Muncyt , día 15 de xaneiro ás 11: 30 h.

Poñentes: Maite Vence, directora de OBSERVER ScienceTourism , Isa Loureiro, ilustradora e Paula Otero Sánchez, científica e autora do espazo "ciencia e tal"
Contidos: A fenda de xénero na divulgación científica e nas persoas consumidoras de ciencia. Divulgación e comunicación dos proxectos científicos. Ciencia si, mais doutro xeito.


Obradoiro de ilustración científica con Isa Loureiro

Muncyt, día 15 de xaneiro ás 16:30 horas.

A asistencia é gratuíta e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través deste formulario


Formulario de inscrición