Estás en:Novas
Grazas ao traballo de CCOO e a boa vontade da Corporación, non so a maioría do persoal mellorou substancialmente as condicións económicas, senón que se acadaron moitos avances en materia de conciliación

CCOO logra incrementar a flexibilidade horaria para o persoal

CCOO acorda coa Corporación incrementar a flexibilidade horaria, mediante o computo de xornada dende as 7:00 AM a partir do 2019. Esta medida, xunto coa creación do horario de Nadal, que estades a gozar dende o 21 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos os dous incluídos), son logros de CCOO derivados das negociacións de decembro de 2017

CCOO logra incrementar a flexibilidade horaria para o persoal

Queremos felicitarvos o novo ano e anunciarvos unha boa nova que permitirá mellorar a conciliación da vosa vida familiar, laboral e persoal.

CCOO acorda coa Corporación incrementar a flexibilidade horaria, mediante o computo de xornada dende as 7:00 AM a partir do 2019. Trátase dunha medida que xa tiña negociada CCOO pero que, por temas afastados da negociación colectiva, levaba un ano en in pass.

Efectivamente, esta medida, xunto coa creación do horario de Nadal, que estades a gozar dende o 21 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos os dous incluídos), son logros de CCOO derivados das negociacións de decembro de 2017. Durante ese período debateuse en dúas mesas de negociación unha nova regulación interna dos horarios de traballo. A dita regulación incluía expresamente a ampliación do horario flexible ás 7:00, así como a redución da xornada obrigatoria ata as 14:00 grazas ás emendas presentadas por CCOO. Estas medidas deberían entrar en vigor no 2018, unha vez a Corporación aprobase no pleno de decembro de 2017 a devandita regulación, pero esta foi retirada da orde do día do dito pleno e aprazada sine die. Ante esta situación decidimos retomar o tema e propuxemos á Corporación que aplicase independentemente da regulación interna dos horarios que se atopa bloqueada (como se fixo no seu momento cos horarios de Nadal 2017-2018 e 2018-2019), tanto o horario flexible ás 7:00, como a redución da xornada obrigatoria ata as 14:00. Por agora acadamos a primeira das medidas e esperamos poder acadar a segunda durante o 2019.

Grazas ao traballo de CCOO e a boa vontade da Corporación, non so a maioría do persoal mellorou substancialmente as condicións económicas, senón que se acadaron moitos avances en materia de conciliación. Non so os mencionados anteriormente: ampliación do horario flexible dende as 7:00 ou a aplicación da xornada de verano no Nadal, senón outros de grande importancia como: a recuperación do A44 ou da xornada de verán ata o 30 de setembro.

A continuación facemos un pequeno relatorio do acontecido en canto a horarios e conciliación, remontándonos aos últimos días do anterior Goberno popular, que en abril de 2015 atacou os dereitos de conciliación do persoal. Grazas a presión dos traballadores e traballadoras organizados a través de CCOO (asembleas e recollida de sinaturas incluídas) e as conversas que mantivemos co presidente por aquel entonces da Deputación, a anterior Corporación retirou a algúns dos recortes en canto a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Posteriormente, xa co actual Goberno Provincial, o 11 de setembro de 2015 o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto Lei 10/2015. O 16 de setembro de 2015 CCOO rexistrou unha solicitude para a inmediata aplicación do dito RD. que consistía na devolución do 26,23% da paga extra do 2012, a recuperación do sexto moscoso e do canoso, así como os días adicionais de vacacións, actuando a Corporación inmediatamente, sendo unha das Administracións que máis rápido repuxo os ditos dereitos recortados con anterioridade polo Goberno central do PP.
O 2 de marzo de 2016 CCOO rexistrou unha solicitude para incluír un punto na orde do día na seguinte mesa de negociación para modificar o listado de incidencias de e-tempo, para recuperar as condicións laborais existentes antes do recorte do PP en canto as incidencias: saída momentánea, xestión interna, imprevistos e incluso mellorar aspectos doutras incidencias como deber inescusable, pausa café ou exames. Como consecuencia colateral doutra acción negociadora promovida por CCOO, a Corporación accedeu á incorporar o dito punto e aprobalo na mesa de negociación celebrada o 9 de marzo de 2016, que obviamente tivo o apoio de todas as centrais sindicais, pois levábamos tempo demandándoo. Unha vez máis foi CCOO quen atopou a fiestra de oportunidade e a panca negociadora que impulsou este importante avance.

Na mesa de negociación do 1 de xullo de 2016 a Corporación recupera o horario de verán ata o 30 de setembro que tiña recortado o anterior goberno do PP. Como consecuencia dun proceso negociador sobre outros aspectos, CCOO esixiu un xesto por parte do Goberno provincial, propoñendo recuperar o anterior horario de verán, como xa tiñamos demandado anteriormente todas as centrais sindicais, ao que do Deputado de Persoal accedeu.