Estás en:Novas
UGT e CCOO conseguen incrementar o importe da produtivadade en ata 531 € per cápita sempre que se cumpran os obxectivos globais

Comunicado conxunto: UGT e CCOO acadan melloras na produtividade

A Corporación acepta con matices a proposta presentada conxuntamente por UGT e CCOO para determinar os obxectivos globais que permiten incrementar a produtividade inicial asignada nos orzamentos

Comunicado conxunto: UGT e CCOO acadan melloras na produtividade

As centrais sindicais CCOO e UGT foron as únicas que apoiaron o actual sistema de produtividade porque é máis xusto, obxectivo e equitativo, ademais de abrir a posibilidade de definir obxectivos globais que permiten incrementar a produtividade segundo o seu nivel de consecución.

A Corporación acepta con matices a proposta presentada conxuntamente por UGT e CCOO para determinar os obxectivos globais que permiten incrementar a produtividade inicial asignada nos orzamentos. Ambas as dúas organizacións sindicais decidimos traballar unidas para mellorar as condicións da produtividade do persoal da Deputación, froito deste traballo xurdiu a proposta que presentamos en Mesa Xeral de Negociación e que se baseaba na determinación de tres obxectivos globais cos seus indicadores de execución que tiñan o propósito de promover: a asistencia a municipios, o apoio tributario aos concellos e mellorar o período medio de pago a provedores. A corporación propuxo dous cambios, un técnico e outro de carácter económico. O técnico consiste en que o indicador do obxectivo de asistencia a municipios non fose por número de asistencias, como propoñiamos, senón por redución do tempo medio das ditas asistencias. En aras de acadar un acordo, aceptamos o cambio aínda que expresamos na propia mesa que a nosa proposta era máis axeitada xa que o indicador era facilmente interpretable, non así o da corporación que obriga a tipificar tipos de asistencia e determinar a que tipo pertence cada asistencia, co grado de subxectividade que isto contempla. CIG e CSIF votaron en contra da proposta de obxectivos globais.

UGT e CCOO conseguen incrementar o importe da produtivadade en ata 531 € per cápita sempre que se cumpran os obxectivos globais. Cada indicador poderá incrementar a produtividade segundo o seu grado de execución, establecéndose un teito. Aquí xurde a diferenza económica coa corporación. Así a nosa proposta establece:
En todo caso, o resultado do sumatorio dos distintos indicadores non poderá incrementar ou decrementar o importe total da produtividade en máis da cantidade resultante de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a un mes polo número total de traballadores e traballadoras susceptibles de percibir o complemento de produtividade.
Mentres que a corporación propoñía que fose só a metade so SMI, finalmente durante a negociación acordouse que fosen as 3/4 partes do SMI. É interesante facer a referencia ao SMI, pois cando o goberno central o incremente, automaticamente aumentará a nosa produtividade.

Por todo isto, animamos ao cadro de persoal a redobrar esforzos e traballar conxunta e solidariamente para acadar o maior nivel posible nos obxectivos globais, pois aínda que non é doado chegar ao teito establecido, esta nas nosas mans.