Aprobada a RPT 2019 cos incrementos salariais establecidos na VPT
A Corporación inxecta máis dun millón e medio para políticas de persoal relacionadas coa Valoración de Postos de Traballo.
Hoxe, luns 22 de outubro, celebrouse a Mesa Xeral de Negociación relacionada cos orzamentos que anualmente se aproban a finais de ano. UGT E CCOO votaron a favor das partidas económicas e da RPT, cadro persoal e organigrama, mentres que CSIF se abstivo e CIG votou en contra.
CCOO apoia a proposta de RPT da Corporación dentro dun acordo global que significa importantes melloras para todo o persoal da Deputación. Efectivamente, aínda que apostabamos por unha RPT distinta, os avances acadados nesta negociación son de grande envergadura.
A Corporación inxecta máis dun millón e medio para políticas de persoal relacionadas coa Valoración de Postos de Traballo (VPT). Como ven sabedes a VPT aprobada o mes pasado nutríase dunha achega da Corporación e das ¾ partes da produtividade, o que viña a significar que, para o 2019 a respecto do 2018, o específico aumentase ao redor de 4.300.000 € mentres que a partida de produtividade descendía de pouco menos de catro millóns a preto dun millón de euros. Mais vimos de negociar que a dita partida dispoña finalmente de 2.500.000 €, así como que o persoal eventual non participe no sistema de produtividade (o que significa, de facto, unha nova achega duns 134.000 €). En definitiva, froito de este acordo, no 2019 en lugar de percibir só o 25% da produtividade de 2018, recibiremos preto do 65%.
Asemade, acordamos incorporar inicialmente 50.000 € na partida de valoración postos de traballo xeral para valorar, nesta segunda fase, o Complemento de Destino. Esta partida será incrementada ao longo do ano, si como resultado da dita valoración fose necesario.
Por outra banda, o 0,3% de incremento de masa salarial que permite a normativa se destinará a incrementar a produtividade, si é posible, e senón ao plan de pensións, en todo caso supón uns 93.000 € de aumento para o persoal. Inicialmente a Corporación o destinaba directamente ao plan de pensións, mais a CIG propuxo utilizalo para produtividade, proposta que apoiaron UGT e CCOO xa que o reparto en produtividade aplícase á totalidade do cadro de persoal.
