Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero"

Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero"

DipuCor_ViolenciaXenero_A4_Digital-scaled.jpg

Bota a andar un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero, impulsada dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Consideramos que o traballo contra as violencias machistas debe ser unha campaña continua, polo que desenvolvemos actividade os 365 días​ do ano.

Nesta ocasión, queremos poñer o foco na identificación dos diferentes tipos de violencias machistas poñendo a  disposición de concellos e entidades a través da web DeFronte diferentes materiais como:

• Material con contidos preventivos en materia de violencia de xénero
• Xogos interactivos
• Recursos didácticos, literarios e audiovisuais
• Contido dixital co obxecto de visualizar as infeccións de transmisión sexual (ITS), fomentar o auto coidado, a responsabilidade individual e colectiva e a eliminación dos estereotipos de xénero no ámbito das relacións sexuais.

Tamén se levaran a cabo:

• 5 palestras en diferentes entidades sobre temáticas como:

  • Violencia económica contra as mulleres e o seu impacto na saúde mental.
  • Violencias sexuais: como inflúe o xénero nas infeccións de transmisións sexuais.
  • Novas-vellas violencias: dimensións dixitais das violencias sexuais.
  • Abordaxe interseccional das violencias machistas.
  • Masculinidades igualitarias na loita contra a violencia de xénero

• Realizarase ​en colaboración cos nosos centros educativos unha acción dinamizada en formato enquisa sobre as infeccións de transmisión sexual (ITS) que poderase seguir nas redes sociais de Deputación.

• Realizarase unha actividade simbólica o propio día 25N as 11 da mañana nos diferentes centros da Deputación. e nos diferentes concellos e entidades adheridos.

  • Recursos

A programación da campaña complétase coas actividades, guías e outros recursos dispoñibles para a súa consulta e que aumentan ano tras ano. Poñemos á disposición de familias e persoal educador material para traballar arredor da violencia de xénero.

Tamén está dispoñible para a súa descarga a imaxe gráfica da campaña en distintos formatos.

Para mais información consulta a campaña defronte.gal

Anuncios #RompeOSilencio