Funcións e principios reitores
FUNCIÓNS DESDE A ÁREA DE POLITICAS DE IGUALDADE
- Promover, coordinar e avaliar medidas e programas de igualdade de oportunidades que ha desenvolver a deputación interna ou externamente.
- Colaborar cos distintos concellos da provincia de menos de 20.000 hab en accións e programas que contribúan a conseguir a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- Asesorar e prestar asistencia e apoio técnico na materia.
PRINCIPIOS REITORES
TRANSVERSALIDADE DE XÉNERO
Apostase por integrar a perspectiva de xénero en todas as súas políticas, polo que o enfoque de xénero estará presente en todas as actuacións desenvolvidas da Deputación Provincial.
PARTICIPACIÓN
Consíderase fundamental a participación e as achegas do persoal técnico e político das Administracións locais e doutras Administracións, do tecido asociativo e das entidades sociais, de colexios profesionais, de sindicatos e empresas, da veciñanza, e do propio persoal desta Deputación Provincial, xerando espazos de diálogo e canais de dinamización e participación que posibiliten xerar sinerxias e redes de traballo para realizar intervencións máis eficaces e acordes cunha utilización racional dos recursos.
INTERSECCIONALIDADE E DIVERSIDADE
Recoñecese a diversidade e pluralidade das mulleres, para abordar as necesidades daquelas que teñen especiais dificultades, procurase visibilizar e reivindicar o respecto á diversidade, así como a eliminación de calquera discriminación por razón de identidade de xénero ou orientación sexual.
Trabállase desde unha visión integradora, contemplando a interseccionalidade do xénero con outras desigualdades que poden dar lugar a situacións de discriminación múltiple.
EMPODERAMENTO DAS MULLERES
O empoderamento é un principio fundamental xa que supón o aumento da participación das mulleres nos procesos de toma de decisións e acceso ao poder, pero tamén busca que se tome conciencia do poder transformador que individualmente e colectivamente poden ter as mulleres na sociedade.