Liberdade de ser e sentir
Programación da Campaña
Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña continua por sétimo ano consecutivo coa campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir
Un ano máis, por sétimo ano consecutivo, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día da diversidade sexual", desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña, impúlsase a Campaña de sensibilización "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.
A campaña é aberta a tódolos concellos e entidades, polo que poderase descargar e empregar calquera material audiovisual ou recurso para levar a cabo actividades e promover a súa difusión. Nestas semanas procederase a renovar/anular a adhesión dos concellos e entidades.
Desde a Deputación poremos en marcha un programa de actividades do que informaremos e colgaremos na propia web, que constará de representacións teatrais, obradoiros de sensibilización, un punto de información e material audiovisual de libre acceso sobre bulos relacionados co colectivo.
Como sempre, na web SER E SENTIR iremos actualizando información e recursos para que os axentes sociais podan traballar coa veciñanza e axudedes a difundir para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!
Empregarase co fin de crear comunidade, promover a difusión e concienciación da diversidade sexual, empreguese o cancelo #seresentir nas redes sociais en calquera actividade que promovades no marco da campaña.
Na web SER E SENTIR iremos actualizando información para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!
www.seresentir.gal
Estas actividades encaixan na área estratéxica 3 da diagnose de igualdade da Deputación da Deputación " promover na sociedade valores de respecto á igualdade e á diversidade e o rexeitamento ás violencias" e concretamente na OE 3.6 "fomentar un maior coñecemento das desigualdades e discriminacións por razón de xénero ou orientación sexual"
Rural e tradición, un fogar en igualdade busca dar voz a esta xente para que sexa a partir de todes elus que revisemos a nosa tradición, remiremos ás nosas aldeas.
Este proxecto conformase entorno a varios eixos. Por un lado unha xornada "Correr e cantar" sobre o colectivo LGTBQA+ na música tradicional e o rural galego e por outro, un libro que recolle todo ese traballo de investigación realizado por Sergio Marei e Atenea Garcia así como diferentes experiencias de persoas de toda a Galiza con vínculos co rural e a tradición musical. Este libro ademais funcionará como un cancioneiro popular LGBTIQA+ posto que todas esas persoas escribiron coplas con esta temática para que se canten en foliadas, nas asociacións... polo país adiante. E o último dos eixos será unha exposición itinerante dispoñible despois do verán que irá viaxando polos concellos da provincia. Vos diremos como poder solicitala.
Cancioneiro popular: RURAL E TRADICIÓN, UN FOGAR EN IGUALDADE. Reflexións, realidades e coplas.
Xornada, 17 de xuño. Praza Azcárraga. A Coruña
'Correr é cantar', unha xornada sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galegos
Trátase do acto central do Orgullo da Deputación da Coruña, un evento que forma parte do proxecto "Rural e tradición, un fogar en igualdade" que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galego.
O vindeiro 17 de xuño terá lugar a xornada Correr e Cantar encadrada dentro do proxecto Rural e tradición, un fogar en igualdade do comisario Sergio Marey co cal busca amosar a realidade do colectivo LGBTIQA+ nas nosas aldeas e na nosa cultura.
A xornada comprenderá diferentes actividades. Charlas, mesas redondas, concertos, unha contada... Abriráse cunha presentación e a charla Bergantiños con ollada diversa para falar dos resultados dunha recollida feita polo comisario xunto a Atenea García. Ambos traballaron na zona de Bergatiños para coñecer a realidade do colectivo nesta zona da provincia coruñesa. Alí escoitaron, falaron, recorreron vilas e aldeas, investigaron... para tratar de recoller toda a información posibel de persoas disidentes de antes e de agora. Neste inicio da xornada amosarannos as reflexións ás que chegaron e contarannos todo o que atoparon.
O día continuará cunha mesa redonda, Creación contemporánea dende a tradición, moderada por Mercedes Peón e que contará con artista como Berto, Meiga-i, Eva Outeiro de Toma a Terra, Gabi Reboredo, O Rabelo e Olalla Liñares de Oîma. A tarde comezará do mesmo xeito, cunha mesa redonda, A muiñeira, unha bandeira LGBTIQA+, moderada por Diego Salgueiro (integrante do Orgullo Crítico de Nigrán, bailador e tocador) que contará con diferentes persoas do colectivo vinculadas á música tradicional e o rural que nos falaran da súa experiencia e realidade como persoas LGBTIQA+ nestes ámbitos. A continuación contaremos cunha contada para adultos de Atenea García, titulada Vicio houbo sempre, á que seguirá Noemi Basanta, integrante das Adufeiras de Salitre e Doutora en Filoloxía Galega, falándonos das ideoloxías e posicionamentos de xénero no baile e a música tradicionais galegas. O broche final desta xornada será a actuación das Tocadoras da A.C. Raigañas de Cerqueda, que cantarán coplas de temática LGBTIQA+ dun libro que sairá máis adiante deste proxecto, e serán as encargadas de abrir a foliada que concluirá o día e celebrará a nosa liberdade.
www.seresentir.gal
CARTEL
Un ano máis, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día das diversidades sexuais", desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase Campaña de sensibilización "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" da que poden formar parte todos aqueles concellos e entidades da provincia da Coruña interesados en participar.
En canto á programación a desenvolver, están previstas as seguintes actividades:
• Actividades para público infantil: organización de 15 obradoiros presenciais A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro orientados á rapazada de 5 a 7 anos. Durante os talleres achegarémonos mediante o xogo ás diversidades afectivo-sexuais co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados nas rapazada, así como previr o rexeitamento e o auto-rexeitamento por motivos de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira saudable. Estes 15 obradoiros serán impartidos en 15 concellos da provincia en datas comprendidas entre o 28 de xuño e o 14 de xullo. Para determinar cales son os 15 concellos onde se van desenvolver os obradoiros celebrouse un sorteo entre todas as solicitudes.
Os talleres serán impartidos pola educadora social e sexóloga Sabela Maceira, do gabinete Con mucho gusto!
Aquí podedes consultar a axenda dos obradoiros infantís:
• Actividade para a mocidade: Na web da campaña podemos atopar a información necesaria para poñer en marcha un xogo de pistas co que traballar arredor das diversidades afectivo-sexuais de modo lúdico e natural e de xeito cooperativo. A súa aplicación pode darse en contornos educativos ou de lecer.
Os contidos traballados neste xogo poden ser complementados con outros recursos da campaña, que poden consultarse na web www.seresentir.gal. Poñemos á disposición de concellos, centros educativos, entidades e todas aquelas persoas e colectivos interesados a posibilidade de desenvolver un xogo de pistas, no que a través de enigmas, adiviñas e xogos de lóxica...haberá que cumprir cun obxectivo en grupo. Tendo en conta que entramos no verán, o deseño das probas están pensadas para exteriores. Deste xeito, préstase para aqueles concellos ou entidades que queiran aproveitar a actividade e incorporala nas súas programacións do verán, en campamentos, etc. O xogo estará dispoñible a partires do 27 de xuño.
• Actividade para familias e docentes: O sábado 2 de xullo de 11.30 h a 12.30 h na aula de cultura Xulio Cuns de Betanzos está prevista a celebración dunha palestra a cargo da sexóloga Martina González Veiga. Martina achegaranos a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo. A palestra será retransmitida en streaming a través da canle de YouTube da Deputación e da web da campaña SER E SENTIR e contará con intérpretes de lingua de signos.
Como sempre, na web de SER E SENTIR iremos actualizando información e recursos para que concellos e entidades poidan traballar coa veciñanza. Na actualidade están dispoñibles un feixe de contidos como; vídeos de colectivos LGTBAQI+, pílulas informativas, xogo interactivo, webserie, etc Trátase de recursos que foron recompilados ao longo doutras edicións e que se irán completando con contidos novos que iremos pendurando ao longo desta campaña.
Como en anos anteriores, iremos pendurando na web micro vídeos presentación de colectivos que traballan en prol da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBAQI+, pero como novidade, desta volta contaremos con testemuñas de fóra das nosas fronteiras.
En canto ás adhesións de Concellos e entidades, a data de hoxe contamos coa implicación de 85 concellos e 20 entidades.
PROGRAMACIÓN CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR! 2021
- Contacontos infantil. "O avó que saíu da maleta" de Brais das Hortas. Contacontos en formato dixital que estará publicado na web.
- Pílulas informativas que aclararán termos conceptuais relativos ás diversidades.
- Conversa coas entidades Alas Coruña, Arelas e Les Coruña arredor dos retos de futuro das diversidades sexuais que terá lugar de xeito presencial o venres 25 de xuño ás 19.00h na Biblioteca Provincial. É preciso inscrición previa no correo electrónico info@seresentir.gal indicando nome completo e teléfono de contacto. A conversa será retransmitida en directo a través da web da campaña.
- Xogo interactivo, en formato "Pasapalabra" e que será colgado na web.
- Colaboración coa serie web S.E.X coa publicación doutros 3 capítulos na web seresentir.gal
- Difusión de materias didácticos de ARELAS para centros educativos.
- Congreso A Memoria Diversa, que se celebrará os días 18 e 19 de xuño no Pazo de Mariñán e que nace coa idea de recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestión de orientación ou identidade de xénero.
- Proxección do documentario "Noite Irisada" que recoñece, a través de voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.
Máis información en seresentir.gal e aculturaéundereito.gal
Os concellos que forman parte desta campaña e as asociacións que traballan a prol da igualdade e defensa dos dereitos LGTBQI e que forman parta da campaña Liberdade de ser e sentir! son os seguintes:
CONCELLOS (85) | ENTIDADES (17) | |
A BAÑA A POBRA ABEGONDO AMES ARANGA ARES ARTEIXO ARZÚA AS PONTES AS SOMOZAS BERGONDO BETANZOS BOIRO BOQUEIXÓN CABANAS CAMARIÑAS CAMBRE CARBALLO CARIÑO CARNOTA CARRAL CEDEIRA CEE CERCEDA CERDIDO COIRÓS CORCUBIÓN CORISTANCO CULLEREDO CURTIS DUMBRÍA FENE FERROL FISTERRA FRADES IRIXOA LARACHA LAXE LOUSAME MALPICA Mancomunidade de Ordes MAÑÓN | MAZARICOS MELIDE MESÍA MIÑO MOECHE MONFERO MUGARDOS MUROS MUXÍA NARÓN NEDA NEGREIRA NOIA OLEIROS O PINO OROSO ORTIGUEIRA OUTES OZA-CESURAS PADERNE PADRÓN PONTECESO PONTEDEUME PORTO DO SON RIANXO RIBEIRA ROIS SADA SAN SADURNIÑO SANTA COMBA SANTISO SOBRADO TEO TOQUES TORDOIA TRAZO VAL DO DUBRA VALDOVIÑO VEDRA VILAMAIOR VILASANTAR VIMIANZO ZAS | ESPAZO DIVERSO ARELAS ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS, ARCOSTILOS ALAS CORUÑA GRUPO DE IGUALDADE DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL AMIZANDO SEXPOINT CASCO CEXEF FUNDACIÓN MENIÑOS ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE A CORUÑA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA AVANTE COMPOSTELA LES CORUÑA GRUPO DE IGUALDADE DA FAC. DE CC DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA ASOCIACIÓN CULTURAL ONDIÑAS MAINAS MULLERES EN ACCIÓN DO BARBANZA |
08 de xuño de 2020- A Deputación da Coruña conmemorarán o 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, cunha campaña de sensibilización da que forman parte un total de 54 concellos da provincia da Coruña e 6 asociacións que traballan a prol da igualdade e dos dereitos lgtbqi+.
Desde a Deputación da Coruña apostan un ano máis polo lema Liberdade de ser e sentir! que busca ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á
tolerancia das persoas. Nesta edición a campaña terá unha presenza online, na que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Desde a Deputación da Coruña e co gallo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+ levaránse a cabo as
seguintes accións:
- Plataforma seresentir.gal que contará cunha parte de información pública onde estarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual e unha área privada para que os concellos e entidades poidan acceder aos diferentes recursos da Campaña.
- "Planeta LGTB" contacontos infantil a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) co que reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
- Difusión da serie web S.E.X que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas...
- Concurso nas redes sociais: Balcóns da diversidade, onde convidamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a que nos envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
- Palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades.
Con motivo do Día da Diversidade Sexual, que celebramos o 28 de xuño, desde Políticas de Igualdade Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir!. Unha das accións que se levan a cabo no marco desta campaña é a realización de catro palestras temáticas centradas na diversidade sexual para falar dos dereitos das barreiras e das liberdades.
Todas estas accións están dirixidas a xerar na sociedade valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, apoiando a diversidade e a liberación sexual e dignificando á comunidade LGTBQI+.