Estás en:Patrimonio Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

Debido a obras de reparación da estrada que dá acceso ao Mosteiro de Caaveiro, prodúcese un corte durante os días 21 e 22 de decembro de 2021, que impedirá o acceso dos vehículos ao mosteiro

MES DE XUÑO: do 1 ao 30 de xuño, ambos incluidos (todos os días da semana), de 11:00 a 19:00

VERÁN: do 1 de xullo ao 15 de setembro, ambos incluidos (todos os días da semana)

SEGUNDA QUINCENA DE SETEMBRO: do 16 ao 30 de setembro (todos os días da semana), de 11:00 a 19:00

SERVIZO GRATUITO DE TRANSPORTE

Con motivo da restrición de acceso de vehículos particulares ao mosteiro de Caaveiro durante o verán (19 de xuño ao 12 de setembro), a Deputación da Coruña pon a disposición dos visitantes un servizo gratuíto de transporte que conectará o Centro de Interpretación das Fragas do eume co mosteiro de Caaveiro, de acordo con horarios que figuran na seguinte táboa:

HORARIOS AUTOBUSES CAAVEIRO

(dispoñible do 16 de xuño ao 12 de setembro)

Saída Centro Interpretación

Saída Mosteiro de Caaveiro

Chegada Centro de Interpretación

10:30

11:00

11:15

11:30

12:00

12:15

12:30

13:00

13:15

13:30

14:00

14:15

Sen viaxeiros

14:30

14:45

17:00

17:30

17:45

18:00

18:30

18:45

19:00

19:30

19:45

20:00

20:30

20:45

Sen viaxeiros

21:30

21:45

Será obrigatorio o emprego de mascarilla tanto no autobús coma no recinto do Mosteiro, excepto menores de 6 anos.

Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.

Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.

No Parque Natural das Fragas do Eume restrínxese o uso de vehículos particulares durante a Semana Santa e os meses de verán. Dada a gran afluencia de visitantes neste período tanto ao Parque Natural como ao Mosteiro de Caaveiro, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio , ( servizo de conservación da natureza ) , ven prestando un servizo de transporte de visitantes por medio de autobuses entre o Centro de Interpretación do Parque Natural e a Ponte de Caaveiro.

A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, a Deputación, en colaboración cos Concellos e a Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza), quere facilitar o acceso ás Fragas e ao Mosteiro e ofrecer diversas alternativas ao visitante, ademais da entrada a través do portal do Parque Natural por Pontedeume, especialmente a aqueles visitantes que realizan pequenas rutas de sendeirismo polo interior do Parque Natural. Estas rutas tamén poñen en valor o Portal da Capela (construído e financiado con fondos da Deputación Provincial), xa que este acceso ofrece unhas posibilidades turísticas magníficas e potencia unha zona de grandes valores paisaxísticos e ambientais de carácter natural e etnográfico

Teléfonos de contacto de atención de visitas guiadas:

Coa colaboración do Concello da Capela e o Centro de Interpretación de Fragas do Eume

A rehabilitación do Mosteiro de Caaveiro vén de recibir o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores