Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa ao IAE

Información relativa ao IAE

A xestión das altas, baixas e variacións do censo de contribuíntes do IAE realízaa a Axencia Estatal da Administración Tributaria, xa que Facenda é a encargada da xestión censal do imposto. Por iso estas xestións realizaranse ante a AEAT.

A solicitude dos beneficios fiscais que xestiona a Deputación da Coruña, por delegación dos concellos, poderá presentarse:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria  ou da nosa Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

Para obter información dos beneficios fiscais pode consultar na seguinte ligazón