Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa ao IBI

Información relativa ao IBI

Para sabelo pode realizar a consulta enviando un correo electrónico a: atencion.tributaria@dacoruna.gal indicando a referencia catastral do inmoble e acompañando a autorización asinada do propietario do inmoble ou documento que acredite un interese lexítimo.

Se a escritura de venda se fixo ante notario e sempre que se achegase a referencia catastral, o propio notario realizaría xa a comunicación da transmisión ao Catastro do cambio de titular.

Noutro caso, pode solicitar este cambio presentando o impreso 900D debidamente cuberto e asinado, xunto co documento público que acredite a titularidade a través dos seguintes medios:



O IBI corresponde pagalo a quen é titular do inmoble a data do 1 de xaneiro de cada ano, data de pagamento do imposto, polo que o pago correspóndelle á persoa que sexa propietaria nesta data, sen que proceda rateo ningún.

É o municipio o que aproba na súa ordenanza municipal as bonificacións do imposto. Na ordenanza figurarán os requisitos e porcentaxe dos beneficios fiscais.

Pode consultar os beneficios fiscais do IBI do seu concello aquí

Para poder beneficiarse del debe solicitalo cubrindo o seguinte impreso. Unha vez cuberto o escrito pódeo presentar:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria  ou da nosa Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

As liquidacións de atrasos no IBI realízanse cando hai alteracións catastrais do valor catastral (procedementos de regularización, corrección de erros, alteracións de orde física como obra nova, segregación, agrupación, etc).

Se a liquidación que recibiu non incorpora a dedución das cotas xa pagas deses exercicios, deberá solicitar a oportuna compensación ou devolución de ingresos indebidos, no seu caso.

Esa solicitude de compensación/devolución pódea presentar:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

Modelos de solicitude: devolución e compensación

Se un inmoble pertence a dous ou máis titulares, calquera deles pode solicitar a división da cota tributaria. Para que proceda a división, será indispensable que se coñezan os datos persoais e o domicilio do resto dos titulares, así como a proporción de participación de cada un deles no inmoble. Se non figuran no Catastro deberá achegalos o solicitante acompañando os documentos que o xustifiquen.
Non se dividirá a cota tributaria cando existan outros tipos de dereitos de propiedade sobre o inmoble como en caso de usufrutuarios; neste suposto emitirase a totalidade da cota do recibo a nome do usufrutuario.
Se se trata dun ben inmoble rústico, só se atenderán as solicitudes de división cando a cota que se ha ingresar por parcela para cada un dos obrigados tributarios resulte superior a 6 €.
As solicitudes de división de cota terán efectos para o ano seguinte ao que se solicitan.

A referencia catastral da súa vivenda pode atopala:

  • No recibo do IBI.
  • Na copia simple da súa escritura.
  • Chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204. Horario de luns a venres de 9 a 14 horas.

Si, se previamente se declarou insolvente ao debedor principal e aos posibles responsables solidarios, debido a que o inmoble queda afecto ao pago da totalidade da cota tributaria.
Normalmente, antes de formalizar a escritura, o notario advirte expresamente aos comparecentes sobre se existe ou non débedas pendentes no IBI.