Pago de recibos
Pode obter o seu recibo por calquera destas vías:
Telemáticamente con certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria (OVT). Esta opción é obrigatoria para as persoas xurídicas e os subscritos
Chamando ao teléfono 981415900. Horario de luns a venres de 9 a 14 horas.
Enviando un correo electrónico a atencion.tributaria@dacoruna.gal
Presencialmente en calquera das nosas oficinas tributarias https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte. Pode solicitar cita previa en https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou chamando ao teléfono 981 415 900
Máis información na OVT
Pode pagar con tarxeta de calquera entidade bancaria a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou ben, pode realizar o pago en calquera das nosas entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, Santander, Sabadell ou Caixabank).
Pode solicitar un fraccionamento ou aprazamento de pago das súas débedas de cumprir cos seguintes requisitos:
O importe da débeda debe ser superior a 100 euros.
O número de mensualidades será dun mínimo de 3 e dun máximo de 12. No entanto, para as débedas superiores a 3.000 euros, este prazo poderá ampliarse ata os 24 meses.
O cargo en conta farase mensualmente, o día 5 de cada mes, ou se este é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.
Para solicitar o aprazamento ou fraccionamento deberá cubrir o impreso que pode descargar aquí e acompañar copia do DNI e un xustificante bancario de titularidade da conta de cargo (con código IBAN).
Máis información sobre este tema aquí.
Teléfono de información 981415900
Correo electrónico: atencion.tributaria@dacoruna.gal
Pode presentar a súa solicitude:
Telematicamente con certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria (Oficina Virtual) ou da nosa Sede electrónica Sede.Electrónica
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo.
Presencialmente en calquera das nosas oficinas tributarias https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte. Recoméndase solicitar cita previa na ligazón https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/deputacioncoruna ou no teléfono 981415900.
No caso de que se devolva o cargo dalgunha fracción, deberá solicitar, expresamente e o máis axiña posible, que se lle envíe unha carta de pago polo importe da fracción devolta. Tamén pode solicitar o recobro desa fracción, que se incluirá na seguinte remesa de cargos que estea aberta. Así haberá un mes no que se fagan dous cargos: un pola fracción que corresponda e outro pola fracción que se recobra.
Esta solicitude pode facela a través do teléfono 981415900 ou do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal
A) Se é o titular do recibo
- Se dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve pode obter os xustificantes de pago accedendo á nosa OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA (OVT) na seguinte ligazón: https://ovt.dacoruna.gal/ga/
- Se non dispón dos medios para acceder á OVT, pode solicitalo:
1.- Chamando ao teléfono 981415900, previa identificación do titular.
2.- Presencialmente en calquera das nosas oficinas tributarias ( para o que poderá solicitar cita previa en https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou chamando ao teléfono 981 415 900), ou no Rexistro da Deputación.
3.- A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de Procedemento Administrativo.
B) Se non é o titular do recibo (cotitulares, autorizados, herdeiros ou outros interesados) deberá de acreditar a súa condición achegando a documentación correspondente.
Non se admitirán as solicitudes de xustificantes de pago presentadas a través de correo electrónico.
A emisión do informe de estar ao corrente de débedas tributarias realizarase conforme ao seguinte:
-A expedición dun informe xenérico, sobre se un obrigado está ao corrente no pago das súas débedas, xa sexa na Deputación da Coruña ou nun municipio en concreto, será gratuíto.
- Cando se trate dun informe específico (sobre unha referencia catastral, un imposto determinado), a expedición do informe conleva o previo pago dunha taxa por importe de 4,10€ por informe (nun mesmo informe pódense incluir referencias catastrais distintas sempre que sexan dun mesmo contribuínte). A taxa haberá que autoliquidala na nosa OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA, na seguinte ligazón:
Si. Os recibos de cobranza periódica notifícanse colectivamente mediante edictos e non requiren de notificación individual. No entanto, en período voluntario, a Deputación da Coruña envía os recibos por correo postal ordinario ao domicilio dos contribuíntes que non estean subscritos ás notificacións electrónicas. É por iso que as direccións deben manterse actualizadas, comunicando á Deputación calquera modificación que se poida producir.
Ao resto de contribuíntes, persoas xurídicas e subscritos, mándaselle un aviso ao correo electrónico no que se lle informa de que xa están disponibles os recibos na OVT.