Estás en:Servizos Tributarios Oficina Virtual

Oficina Virtual

  • Ata o 19 de xullo está aberto o prazo para o pago en período voluntario do IVTM e outras taxas
  • A partir do 1 de xuño, as persoas xurídicas e entes sen personalidade, entre outros, serán notificados de xeito electrónico

Notificación electrónica de tributos e outros ingresos de dereito público

Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica

A partir do vindeiro 1 de XUÑO, a Deputación da Coruña substitúe, no ámbito dos procedementos tributarios e doutros ingresos de dereito público que xestiona, as notificacións en papel polo sistema de notificación electrónica, de tal xeito que os mencionados suxeitos serán notificados por comparecencia na Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/) e a través do servizo de notificacións electrónicas da Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) (https://dehu.redsara.es)

Persoas físicas

As persoas físicas non obrigadas poderán subscribirse voluntariamente a este sistema a
través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/).
Para máis información, poderá poñerse en contacto cos servizos tributarios da Deputación a través de correo electrónico, no enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou
chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.

1.- Oficina Virtual Tributaria da Deputación

Trámites na Oficina Virtual Tributaria

2.- Banca Electrónica das entidades bancarias:

Acceso á Banca Electrónica de ABANCA, BBVA e SANTANDER. Deberá ser cliente ou contratar, se non o fose xa, os Servizos de Banca Electrónica dalgunha destas Entidades Financeiras Colaboradoras.

3.- Pago de recibos con tarxeta de calquera entidade bancaria:

Poderá realizar o pagamento a través da plataforma de pago de calquera das entidades seguintes: